Non o perdas! O mellor de novembro

Novembro é un mes raro. O frío cóllenos sempre por sorpresa, os días acúrtanse, o sono invádenos, e as luces de Nadal recórdannos que non nos podemos relaxar, que o tempo pasa veloz e hai moito por facer.

Probablemente porque vai frío, este mes triunfaron os proxectos DIY (polo menos en Disquecool). Si, un leva todo o ano facendo plans para cambiar esa mesa, ou para facerse cunha nova (e creativa) lámpada, pero é agora cando por fin apetece quedarse na casa e pór mans á obra. Como apetece en novembro ler un bo libro ou acudir a un bo concerto.

Todo isto explica os temas que máis gustaron neste mes de novembro. Se perdiches algún destes posts, que saibas que quizáis sexas o único. E non quererás ser ese que ignora as mellores propostas deste outono!

5. Disquecool invita o sorteo de 2 entradas para voces femininas en VigoUn sorteo de dúas entradas para un bo concerto é sempre algo tentador e respostastes con moitas ideas sobre quen debería ser a cabeza de cartel na próxima edición. Pero se perdiches o concerto, non esteas triste, aínda estás a tempo (e deberías facelo) de escoitar a obra de Lisa Hanningan, Little Scream e Holly Miranda.

4. Cuncas de deseño para homenaxear as artes tradicionais de pesca. A mestura do tradicional co moderno da resultados tan interesantes como as cuncas de viño de Chinchinabo Inc. e Sal y Laurel.

3. 5 proxectos DIY para decorar a túa casa. 5 boas ideas para dar un novo aire á túa casa por poucos cartos.

2. A nova vida dos palés. Entre todos os proxectos DIY, tan de moda, hai un que nos gusta especialmente: aproveitar os funcionais palés para facer os mobles da casa.

1. O centro comercial máis cool está en Porto. E chámase Centro Comercial Bombarda. Se algo aprendín neste ano de vida de Disquecool, é que Porto é a cidade máis cool do universo (e a temos ben cerquiña). Este centro comercial de tendas con deseño de autor, roupa vintage ou biocosmética, é só outra boa proba disto.

PLUS. A novela francesa da que todo o mundo che falará en seis meses. Todos queremos ser os primeiros en saber que será trendy na seguinte tempada, e esta vez o tedes fácil. O título que hai que recordar é ‘La verité sur l’affaire Harry Quebert’ e o autor Jöel Dicker.

 

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *