Agosto é o mes por excelencia das vacacións, mesmo se o paso dos anos axudou a que marchar máis alá destas semanas sexa máis común e xa non todo pare por completo nas seguintes semanas. Aínda así, ben é certo, que os programas de exposicións e de eventos vólvense un pouco máis discretos, esperando retomar en setembro a actividade en serio.
Por suposto, durante este mes seguirán os festivais de música de todo tipo –no calendario andan dende o Jazz de Ría en Narón, Neda e Cedeira ao SonRiasBaixas en Bueu, entre outros moitos–, as verbenas ou tamén as festas gastronómicas, ese clásico do verán. No local, hai moitas cousas máis pequenas pero moi interesantes, así que é recomendable ver que están facendo nos vosos lugares. Por exemplo, todos os sábados de agosto na Casa Reitoral de Vincios a comunidade de montes organiza Vincios Verde Cultural, con actividades gratuitas para todos os públicos.
Feiras do libro
Os verán son os momentos das feiras do libro. Arrancan coa recta final da primavera e seguen durante todas estas semanas de calor e bo tempo (ou chuvia nos veráns malos). Vaia o tempo que vaia, son sempre unha escusa estupenda para mercar libros con cero remordemento. Do 1 ao 10 de agosto estará na Coruña, pero logo pasará a Viveiro (12 ao 15), Foz (18 ao 21) e Monforte de Lemos (24 ao 27).
Por certo, que se vos achegades á feira do Libro da Coruña hoxe luns, estará a nosa disquerredactora, Raquel C. Pico, asinando exemplares de Noticias da modernidade, o seu libro sobre as mulleres modernas da Galicia dos outros anos 20. Será na caseta de Espazo Lector Nobel a partir das 18 horas.
Obxectos de desexo. Surrealismo e deseño 1924-2020
Recta final para ver a exposición que aborda a arte surrealista e a súa relación cos obxectos cotiás. A maioría das pezas da colección do Vitra Design Museum, aínda que non todas. Inclúe obras de Man Ray, Giorgio de Chirico, Le Corbusier, Salvador Dalí ou Leonor Fini, entre outros.
Na Cidade da Cultura de Santiago ata finais de mes, con entrada gratuíta. Hai visitas guiadas.
Foto | Manuel G. Vicente (cortesía para prensa da Cidade da Cultura)
xsrwip
xe88mu
hts4ph
ffa3d0
h3c0nm
xjiopl
x1geyp