Alá por algúns dos anos 2000, puxéronse de moda aqueles móbiles con tapa. Pasaron a ser “o máis”, o realmente cool do seu momento e o que tiñan as persoas guais (ou aqueles que tiñan pais con contratos misteriosos de telefonía que sempre lles daban acceso aos móbiles do momento). O boom dos teléfonos con tapa acabou pasando, como pasa un pouco con todo. Non desapareceron —aínda os hai no mercado e son un formato favorito para algúns públicos—, pero perderon tirón na era dos smartphones. A xente guai pasou a ter un iPhone, cunha parada de por medio coa BlackBerry.
Pero como tantas outras cousas que volven, os teléfonos con tapa están en pleno proceso de revival, cun reaxuste smart polo medio, claro. A primeira das marcas en recuperar o formato foi Motorola, que presentou o pasado novembro unha nova edición do seu móbil Razr. O Razr foi o obxecto de desexo do universo dos móbiles con tapa dos primeiros 2000. A nova versión do Razr non é exactamente como o vello teléfono, senón que encaixa co boom dos teléfonos encartables e entra na súa banda de prezos (1.499 dólares esperábase entón que custase). A pesar de todo, Motorola si xogaba coa idea da nostalxia. O móbil saía cun modo “Retro”, que xogaba con algúns dos elementos do terminal do pasado.
A nostalxia funcionaba con este terminal como o elemento clave para as ventas. “O Motorola Razr foi un hit masivo hai 15 anos”, explicaba Lynnette Luna, analista de tecnoloxía de GlobalData. “É un dispositivo icónico. Motorola fixo algo intelixente con isto. Está xogando coa nostalxia ao tempo que capitaliza a tendencia cara os terminais encartables”, engadía, sinalando iso si que non esperaba que o mercado cambiase por completo por isto (Motorola non ía pasar a ser a raíña dos móbiles dun día para outro por esta novidade) pero si que ía ter o seu nicho.
Os estudos foron deixando, engadimos, que a nostalxia é un poderoso activo para as compras. Os consumidores séntense poderosamente atraídos por aquelas cousas e marcas que lles recordan o pasado (pero o pasado positivo, claro) e mesmo están dispostos a pagar máis por elas. Por iso, as marcas e as empresas usan todo o retro para potenciar as ventas. E tamén por esa razón acabamos caendo e comprando algo cando nos venden trapallada nostálxica.
Motorola xa non é a única que ten un teléfono con tapa. Samsung acaba de presentar o seu propio modelo. Chámase Galaxy Z Flip e é un teléfono dos encartables, segundo explican na nota de prensa de presentación de Samsung. Vendo as fotos e lendo como o describen é inevitable acabar pensando nos teléfonos móbiles con tapa do pasado.
O móbil é pequeno, o suficiente como para caber na palma da man dos consumidores (iso prometen dende Samsung, asegurando tamén que cabe en calquera bolso ou peto e que ten o tamaño dunha carteira), e cando se abre recorda poderosamente a imaxe visual que temos dos móbiles con tapa do pasado. Todo é pantalla, claro, pero a súa bisagra (oculta) permite deixalo no tamaño mini. O deseño tamén ten en conta esta realidade e ofrece un modo Flex, que permite dividir a pantalla en dous e ver contidos arriba e abaixo. A reserva en España deste móbil xa está aberta (sairán á venta o 13 de marzo). Custa, iso si, 1.500 euros.
zkgukq
jcpa5b
jw2iax
rwi2di
bj5w94