Como convencer á xente da importancia de lavar as mans? Posiblemente, agora que xa estamos pechados nas nosas casas non quedará moita xente que dubide da importancia de facelo para loitar contra o coronavirus.
Se aínda queda alguén, se cadra a canción que Vietnam lanzou –e que un xit xa global (recomendamos encarecidamente poñer os subtítulos, dispoñibles en varios idiomas, para apreciar todo en conxunto)– pode axudar. A canción é moi eurovisiva (iso foi o que se dixo rapidamente na –virtual– redacción de Disquecool cando algunha das disquerredactoras a escoitou) e moi pegañenta. Despois de escoitala pasarás moito tempo con ela metida no cerebro.
A canción é parte dunha campaña oficial de concienciación, unha que resultou moi efectiva. O ministerio de Sanidade de Vietnam e un cantante famoso no país fixeron mesmo un baile, que funciona para repasar os pasos que hai que seguir para limpar as mans. O baile, como moitas cousas nestes días, é un reto de TikTok, que se converteu en viral.
A de Vietnam é a que máis popular se fixo a nivel global, pero non é a única canción nin o único contido memeizable que as autoridades públicas empregaron para concienciar á cidadanía. En Asia, varios países lanzaron campañas de anuncios que lembraban a importancia de lavar as mans e de manter a distancia social, usando TikTok como plataforma para dinamizar e popularizar eses contidos. E en moitos hai retos de baile polo medio. Pode parecer pouco serio, pero axuda a que a xente conecte coa idea de fondo.
En España, algunhas influencers responderon ao chamamento do ministerio de Sanidade de compartir contidos de concienciación.
eddush
ssv2ki
399b8s
naeuns
tmif6p
2s7zbf
342iuq
4aity3
gp0d60
layskw
g5jbhq
1mymsd