Lúa Ribeira e a súa agonía no xardín

A estética do trap e o drill é o punto de partida da serie Agony in the Garden, da fotógrafa das Pontes Lúa Ribeira. As fotos son as protagonistas dunha mostra, parte desta edición de PhotoEspaña e que estará ata o 25 de agosto no Museo Lázaro Galdiano de Madrid.

As imaxes foron captadas entre 2021 e 2023, coa pandemia como pano de fondo e nas paisaxes «áridas» do centro e do sur de España. Segundo explica a nota de prensa de presentación da exposición, procura captar o hedonismo e o nihilismo que encarna a escena musical destes xéneros. E así, como di Ribeira, «reflexionar sobre o seu potencial e a súa relación co contexto actual de precariedade laboral, violencia institucional, crises migratoria, financeira e medioambiental».

Lúa Ribeira, Agony in the garden

Fotografías | Cortesía da artista vía PhotoEspaña

Shares

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *