Fotografía, historia… Os temas que protagonizan as exposicións que están agora abertas nas diferentes cidades galegas tocan campos moi diferentes. Escollemos catro distintas, que podes visitar antes de remate o mes (e a maioría tamén despois) e que teñen entrada de balde.
Peter Lindbergh. Untold Stories
View this post on Instagram
Prorrogada ata o 31 de marzo, a exposición (que ten a peor páxina web corporativa que vimos nesta redacción en moito tempo) é a primeira retrospectiva comisariada polo propio fotógrafo da súa obra. Pasou por Alemaña e Italia e chegou a finais do ano pasado a Galicia.
No Porto da Coruña, A Coruña. Abre todos os días con horarios variables.
De Babiano Méndez-Núñez a Mendoza Babiano
O Palacete das Mendoza e as mulleres que nel viviron, Carmen Babiano Méndez-Núñez e as súas fillas María e Concha Mendoza, permite reconstruír como era a vida das mulleres de clase alta urbana da Galicia de finais do XIX e principios do século XX. Tamén hai visitas teatralizadas os sábados, para as que é preciso reservar previamente, e guiadas os xoves, estas ata completar capacidade.
No Museo de Pontevedra, ata o 24 de abril.
Pobre Asunción!: a violencia de xénero na prensa
Vimos esta exposición cando estivo na Biblioteca de Galicia, en Santiago, e realmente é unha mostra moi interesante. Asunción González foi asasinada en 1891 e é primeira vítima documentada nos medios da violencia de xénero. A exposición mostra como foi cambiando a linguaxe que empregan os xornais para falar destes crimes e o que iso conta de nós como sociedade.
Na Biblioteca Pública Nós de Ourense, ata o próximo mes de maio.
Deber de Baltar. Medicina e Compromiso
O Colexio de Fonseca acolle esta exposición que é ademais un crossover literario coa novela Un señor elegante, de Suso de Toro, así que sempre podemos facer un combinado de visita e lectura. A mostra segue a traxectoria da familia Baltar, una saga médica santiaguesa, e o seu compromiso cultural e político.
En Santiago e ata o 16 de abril. Abre todos os días de luns a venres.
Fotos | Museo de Pontevedra | Santi Alvite/USC
5uevch
q2rb4p
tb3y9l
g7z3yr
3ikger
kvfl0y
h9lqxa
nxu8kw
fq70jz
gqa64x
w2l4tv