Cada decembro, Pantone escolle a cor do ano. A compañía ten unhas cantas explicacións de como o fan que sonan un tanto científicas, pero o certo é que pouco importan porque o interese que vai espertar a cor elixida será elevado sexa como sexa como a deciden. Á xente encántanos estas trapalladas e prestamos sempre moita atención a todas estas historias de tendencias.
A cor do ano para 2022 vai ser a Pantone 17-3938 Very Peri, segundo Pantone unha cor «atrevida». É unha tonalidade que entra na gama dos azuis, pero ten tamén matices vermellos violáceos. Isto fai que sexa, segundo explican no comunicado de Pantone, unha cor que transmite unha actitude alegre e animada e que «estimula a valentía de crear».
Demasiado optimismo para o segundo ano da crise pandémica? As cores do ano de Pantone sempre están conectadas co contexto do momento e esta ocasión non é unha excepción. Este ano, quedaron con esta cor porque a ven como un símbolo do espírito dos tempos (ou iso prometen). «A cor do ano de Pantone reflicte o que está acontecendo na cultura global, expresando o que a xente busca e que a cor espera responder», asegura Laurie Pressman, vicepresidenta do Pantone Color Institute.
Consideran que agora mesmo estamos nun momento de transición, pasando do illamento da pandemia a un tempo novo no que outra vez volveremos a ter unha vida fóra da casa. Porén, tamén quedará a vida dixital y Pantone cre que as fronteiras entre unha e outra estarán máis fusionadas. A cor escollida «ilustra a fusión da vida moderna». De feito, é unha tonalidade que funciona moi ben no mundo dixital.
cfhcdg
n3fei6
cm3spd
8rol29
8dpsnx
2auoyy
a8cmpa
d4fm48
5s2kd7