Os mellores destinos para facer turismo literario en Europa

Destinos literarios

Son estas listas un pouco unha trapallada? Non o imos negar. Teñen ás veces fontes un tanto cuestionables? Tampouco. Teñen a nosa atención en canto nos din «escapadas para ratos de biblioteca»? Inevitablemente. Iso é o que chegou hai uns días nunha nota de prensa dunha axencia de viaxes online —weloveholidays— que fixo un deses rankings de mellores lugares. Eles escolleron as mellores cidades de Europa para facer turismo literario.

A ciencia detrás do estudio é se cadra un tanto cuestionable, pero non deixes que ese detalle acabe cunha bonita historia. En Europa hai moitas cidades, pero o estudio só analizou 60. Logo compararon o número de librarías que había en cada unha delas e o de bibliotecas públicas, ao que lle sumaron os libros (de ficción) escritos sobre cada unha desas cidades. Do cómputo final e da súa comparativa sacaron o listado dos destinos literarios urbanos europeos.

Londres é a gran gañadora. Ten 164 librarías e 7.800 libros sobre ela, cuns cantos clásicos da literatura universal nesa lista. Seguen París —3000 libros, 117 librarías e 103 bibliotecas públicas— e Atenas —que é, iso si, a que ten máis librarías en total: 167, pero só 366 libros que a usen como escenario—. No máis inmediato xeográfico a Galicia estarían Lisboa (número 11), Madrid (12) e Barcelona (14).

Ao top 5 sumásenlle, nesta orde, Budapest, Berlín, Sofía, Zagreb, Vilnius, Lisboa, Madrid, Varsovia, Barcelona e Cluj-Napoca.

E se estas non convencen, sempre queda Óbidos, que ten libros e chocolate.

Ilustración, feito con Canva

Shares