A nosa diquerredactora, Raquel C. Pico, acaba de publicar un libro, Noticias da modernidade, un achegamento ás mulleres modernas galegas de hai 100 anos.
Xa vos falamos do libro en redes sociais e nunha lista de recomendacións literarias para descubrir os outros anos 20, os de hai un século. Agora imos seguir falando do libro pero en formato streaming: este venres faremos unha presentación virtual. Estarán a autora e outra disquerredactora, Ana Bulnes, e será todo en Instagram.
Como, cando e onde será todo isto? Só teredes que visitar o noso perfil de Instagram o venres 11 de febreiro (este venres, si) ás 18.30.
Este vai ser o noso primeiro Live en Instagram. Podedes conectarvos para saber máis do libro ou para ver se –como teme unha das participantes– imos ser un par de señoras (que somos) que non saben como funcionan as cousas modernas (que na vida pensamos que seriamos).
Nos nosos plans está falar do libro, das mulleres dos anos 20 e da Galicia de hai 100 anos. E merendar.
View this post on Instagram
eyw3vm
kgjkzc
ij5us6
7hio8i
y7nc6l
hs4y5a
hlgmx5