Pontevedra e Lugo son os novos destinos de moda

Boas ou malas noticias? Supoño que todo dependerá de a quen llo preguntes. O dato –e que cada quen saque as súas opinións e as súas posicións– é que Pontevedra e Lugo están de moda para os turistas.

Airbnb acaba de presentar unha renovación do portal e unha serie de servizos, polo que mandaron aos medios un nota de prensa e uns cantos deses datos que ás xornalistas sempre nos encantan sobre cousas das viaxes (e que fan que acabemos, este artigo é a proba, do que acaban de dicir). Entre esa información están as súas tendencias do verán. Isto é, o que eles están vendo nos patróns de busca e reservas dos seus servizos que está medrando. A partir deses datos pódese extrapolar modas para o verán.

Un estudio de Airbnb entre os seus usuarios apunta que este ano haberá viaxes. 9 de cada 10 persoas aseguran que pensan en ir de vacacións este verán, a maioría coa súa familia. A cuestión é a de onde irán.

Dentro de España, os chamados destinos nacionais de tendencia –isto é aqueles nos que máis medraron as buscas no site (e comparan os inicios de 2022 cos de 2019, o derradeiro ano de normalidade antes da pandemia)– son os que seguen:

1. Xàbia, Comunidad Valenciana
2. Almería, Andalucía
3. Girona, Cataluña
4. Alicante, Comunidad Valenciana
5. Pontevedra, Galicia
6. Lugo, Galicia
7. Gandía, Comunidad Valenciana
8. Tarragona, Cataluña
9. Huelva, Andalucía
10. El Puerto de Santa María, Andalucía

Pontevedra entra no top 5 dos destinos emerxentes, con Lugo moi preto. Se sentides curiosidade por saber que destinos son os emerxentes en turismo internacional (Airbnb fixo o ranking comparando datos dos mesmos períodos e partindo das buscas en España), estes son:

1. Portimão, Faro District, PT
2. Olbia, Sardinia, IT
3. Portimão, Faro, PT
4. Albufeira, Faro, PT
5. Positano, Campania, IT
6. Orlando, Florida, US
7. Cortina d’Ampezzo, Veneto, IT
8. Tavira, Faro District, PT
9.Chamonix-Mont-Blanc, Auvergne-Rhône-Alpes, FR
10. Canazei, Trentino-South Tyrol, IT

En xeral, segundo as contas da plataforma, as viaxes domésticas son as máis populares a nivel global. É dicir, a pesar de toda esta ilusión de fin da pandemia, a xente quere non ir tan lonxe. A praia triunfa para o verán e este ano máis que nunca viaxamos en familia («as viaxes en familia están no punto máis alto», aseguran).

Foto Pixabay

Shares