Top 10 de 2013: Os dez artigos máis lidos

Lectores

2013 xa rematou e chega o momento de facer balance. Xa sabemos que nos deixou o ano grazas ás nosas listas, pero que foi o que máis triunfou de todo o que publicamos? Velaquí un repaso polos artigos máis lidos de Disquecool no 2013.

1. 5 razóns para non chorar porque 2013 sexa un ano sen verán. Vale, ao final o da televisión francesa non levaba razón e tivemos verán. Pero o mal que o pasamos cando todo semellaba indicar que así ía ser? Neste artigo recompilamos algunhas razóns polas que no había que desesperar. Un ano sen verán non ten que ser tan malo! (verdade?)

2. Disfraces para culturetas. Porque vestirse de arlequín ou de mosqueteiro é do máis mainstream. Para este Entroido dimos unhas cantas ideas para vestirse cool e culturetas. Tamén son aproveitables en Samaín.

3. Romaría Pop 2013 en fotos: modernos e churrasco. A Romaría Pop é xa case como unha relixión. Este ano tamén estivemos (con stand e photocall) e publicamos logo as nosas conclusións.

4. Como Galicia podería formar parte do Reino Unido. David Cameron aínda non respondeu a esta demanda integracionista: cando Escocia marche do Reino Unido, Galicia quere ocupar o seu sitio.

5. Hipsters posando para fotos… capturados en vídeo .  A próxima vez que poñades ‘cara foto’ lembrádevos desta noticia. Uns malvados enganaron a unha morea de hipsters. Dixéronlles que estaban a facer unha foto e era un vídeo. Hilarante.

6. La Industrial, o novo destino cool en Compostela. Este ano probamos moitos sitios, pero esta nova incorporación á lista de lugares obrigados en Compostela gustouvos especialmente.

7. Ruth Matilda Anderson, fotografando Galicia no 1924. Cando dicimos fotografía vintage, estamos pensando en xente como Ruth Matilda Anderson, que percorreu Galicia nos anos 20 facendo fotografías.

8. Bababum, un caderno e disco de vacacións para os nenos (e pais) máis cool. Vacaciones Santillana non son nada ao carón deste caderno hipster. (E por certo que dúas disquerredactoras son moi fans dunha  das cancións… Preguntádelles…)

9. Volven os 90: 9 probas gráficas para deprimirnos. Ante a desgraza, mellor estar informados.

10. Guía dos sitios molóns de Madrid. Unha nova lista de imprescindibles para visitar (vamos comer e beber) en Madrid.

Foto |  State Library of Victoria Collections

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *