Sabes xa de que disfrazarte este Entroido? Este ano é tan pronto tan pronto que a moitos nos colleu desprevidos. E non resulta nada fácil atopar un disfraz que diga de un o que un querería escoitar, a saber: es interesante e, ao meso tempo, divertido.
Para iso están os disfraces de culturetas, para deixar claro que tipo de persoas somos a todo aquel que nos vexa. Non hai que pasarse, porque ir de, que sei eu, Kawabata, te converterá en algo irrecoñecible: “ese vai de xaponés”, dirán no mellor caso. O ideal é buscar algo suficientemente mainstream para que te paren pola rúa, pero que siga destilando cheiro a cultura. Un exemplo perfecto sería Dalí, ao que todos coñecemos, pero non deixa de ser un estupendo artista. E ademais super fácil de imitar!
En caso de dúbida, aposta por disfraces que xa teñas visto. O ano pasado eu levei un disfraz de semicultureta (xa aprenderemos na galería que designa ese termo) que triunfaba en pinterest, e si, atopei moitas coma eu, pero foi a primeira vez na miña historia entroidil que me pararon para facerme fotos. E se preferides ser orixinais, que sexa un disfraz con complementos. É o que da xogo á hora de ligar iniciar conversación.
Desde Disquecool queremos aportar, un ano máis, a nosa inestimable axuda nestes momentos de zozobra existencial: este ano pirata o meiga? ¡Ningún dos dous!
(Pincha nalgunha das fotos para ver a fotogalería)
- Andy Warhol – Serve para nenos e para maiores, a lata de sopa Campbell farano totalmente recoñecible.
- Holly, de Breakfast at Tiffany’s – Que moza non soña con ser como Audrey? Por un par de días podemos conseguilo: Little black dress, perlas e diadema. Listo.
- O fillo do home de Magritte – Traxe e unha mazá impresa, recortada e posta diante da cara é todo o que precisas para protagonizar o cadro de Magritte.
- Max, de Maurice Sendak – O protagonista de Onde viven os monstruos é unha personaxe perfecta para os fillos dos culturetas. Monísimo!
- Vincent e Mia, de Pulp Fiction – Aquí entronco co concepto de semicultureta. Consiste en disfrazarse de personaxes de, básicamente, filmes de éxito. Filmes que todos vimos, si, pero que sabemos que queda ben decir que nos gusta. A Uma Thurman é súper fácil imitala (quizáis non moi orixinal): peluca, camisa branca, pantalóns negros. Para eles, so precisas un traxe (e unha pistola).
- Lady Leño, de Twin Peaks – non será a protagonista, pero é a personaxe máis fácil de copiar. Facer que o leño está a te dicir cousas é un plus.
- Autorretrato de Van Gogh – Parece súper difícil, pero impresionarás seguro.
- Frida Kahlo – Un disfraz sinxelo, alegre e vistoso. Confeso que me gustaría probar: as flores no pelo, o peinado con trenzas, a camisa de cores e ata a única cella.
Eu fun un ano do devandito cadro de Magritte, e non me recoñeceu nin dios.
Máis tonechos e menos pintura!