Os 10 mellores filmes da historia (segundo 358 cineastas)

Á hora de seleccionar os mellores filmes de todos os tempos, que mellor que preguntar aos expertos? Iso deberon pensar na prestixiosa revista de cine británica Sight and Sound, cando en 2012 fixeron unha enquisa a 358 directores de cine sobre cales eran, para eles, as 10 mellores películas nunca feitas. Participaron nela cineastas como Martin Scorsese, Francis Ford Coppola, Mike Leigh, Michael Mann, Woody Allen, Nuri Bilge Ceylan, Quentin Tarantino, os irmáns Dardenne, Terence Davies, Guillermo del Toro, Olivier Assayas, Keneth Brannagh, Guy Maddin, Miranda July ou Aki Kaurismäki, e despois a revista sacou conclusións (basicamente veu cantas veces se repetía cada filme).

Segundo eles, estes son os mellores dos mellores:

1. Contos de Tokio – Yasujiro Ozu (1953)

2. 2001: unha odisea no espacio – Stanley Kubrick (1968)

2. Cidadán Kane – Orson Welles (1941)

4. Oito e medio – Federico Fellini (1963)

5. Taxi driver – Martin Scorsese (1976)

6. Apocalypse now – Francis Ford Coppola (1979)

7. O padriño – Francis Ford Coppola (1972)

7. Vértigo – Alfred Hitchcock (1958)

9. O espello – Andrei Tarkovsky (1974)

10. O ladrón de bicicletas – Vittorio De Sica (1949)

Chama a atención que non apareza ningunha película posterior a 1979 (ou anterior a 1941), e que Francis Ford Coppola teña dúas películas entre as mellores, pero polo demais, é todo bastante esperable.

Cales son, para ti, os filmes que sobran ou que faltan?

Shares

    Etiquetas

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *