A primeira película animada da historia (que chegou ata nós)

Hai algo fascinante en ver as primeiras gravacións da historia do cinema e en acceder aos primeiros contidos audiovisuais que conseguiron chegar ata nós. Esta non é exactamente a primeira película de animación da historia, pero si é a máis antiga conservada. O filme, de 1926. é un dos traballos de Lotte Reiniger, unha das pioneiras da animación (máis sobre ela na marabillosa Wikipedia). Estivo a piques de desaparecer para sempre durante a II Guerra Mundial, como contan en OpenCulture, pero conseguiu sobrevivir aos bombardeos. As aventuras do Príncipe Ahmed, que é como se titula esta historia, está inspirada nunha historia de As mil e unha noites.

 

 

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *