Xuño é xa o principio do verán, o que abre moitas ideas de ocio. Pícnics, praia, paseos, romarías, festas gastronómicas!! Tamén seguen as feiras do libro, que pasan os meses de verán saltando de localidade en localidade galegas. E o día 14 de xuño a nosa disquerredactora Raquel C. Pico presenta no Centro de Recursos Feministas da Biblioteca Pública de Vigo Noticias da modernidade. Será ás 19 horas.
Pero que máis cousas se poden facer este mes de xuño?
Ukp Day
O festival de ukelele de Ribadavia volve un ano máis. Todos os artistas participantes adapta o seu repertorio a este instrumento, o que o fai único. Concertos, obradoiros infantís, intervencións artísticas e zona gastronómica completan a axenda. Será o 4 de xuño no Castelo de Ribadavia. Entradas á venda en internet e no propio festival.
As mulleres que opinan son perigosas
A cuarta edición dunhas xornadas ás que na redacción de Disquecool somos abonadas. Dous días falando de xornalismo. Os temas do programa deste ano tocan o xornalismo local, os efectos da pandemia, saúde mental ou a guerra en Ucraína. No Edificio Castelao, Museo de Pontevedra, o 10 e 11 de xuño. Ademais da opción presencial, tamén poderá ser seguida vía streaming.
Mujeres Libres (1936-39)
As exposicións de só taboleiros explicativos son un pouco decepcionantes –recoñecemos– pero o tema desta é moi interesante. Mujeres Libres foi unha experiencia de feminismo anarquista na España dos anos 30. Empezou xusto antes de que a Guerra Civil cambiara todo por completo. Publicaron unha revista e fixeron cousas moi interesantes, como formación para as mulleres (por exemplo, un curso para ser condutoras de tranvía!). Estará ata o 24 de xuño no claustro da facultade de Historia de Santiago (entrada de balde) e logo seguirá ata Allariz.
ez37tl
c47sm6
qlwncx
vekbcx
5564vh
zfuzcq
1apmtl
1my0ep