10 tendencias do outono que xa atoparás nas rebaixas deste verán

Chegamos agora ao mellor das rebaixas. Si, é certo que xa voou gran parte das coleccións, pero é este o momento de atopar tesouros ocultos, prendas de tendencia con descontos de ata o 50 ou 60%. E se queremos que sexa roupa que seguiremos a usar en outono, este ano témolo moi fácil, porque todo parece indicar que a próxima temporada vai ser pouco nova, con moitas das tendencias actuais (estilo anos 70, vestidos boho, kimonos, ante, franxas…) estendéndose ata o inverno. Se a iso lle sumamos que os outonos están a ser moi suaves, a vida das túas compras de rebaixas será, si ou si, longa e feliz.

Aínda así, se queres mercar o último do último (ou que será percibido como o último do último, pero que de feito, xa está presente en tendas) só tes que apuntar estas 10 tendencias de moda muller que pegarán forte os próximos meses.

1. Blusas con lazada

Os colos altos adquiren protagonismo, e ademais, se rodean de lazadas de tea, nun estilo moi victoriano. Para un toque aínda máis vintage, aposta polas chorreras.

2. Raias Bretón

As raias mariñeiras nunca pasan de moda, e cada primavera volven con forza a todo tipo de prendas, pero nesta ocasión, o estilo navy triunfará tamén en outono, especialmente con raias finitas ao estilo francés.

3. Pantalóns de campá

Están a intentalo ano tras ano, pero parece que as máis atrevidas xa comezan a sumarse, levadas polo auxe de todo o que ule a anos 70. Podes rescatar os teus do armario ou, se non fuches tan previsora como para gardalos, aproveita as rebaixas para facerte con eles. Todas as marcas propón algún modelo.

4. Culotte

Os pantalóns anchos, tipo palazzo, pero de largo midi entraron con forza este verán, e aínda que parece unha proposta dificilmente adaptable aos meses máis fríos, todo indica que lle sacaron o máximo xugo mentres podamos ir con parte das pernas ao aire (non sei se estou preparada para velos con medias).

5. Capas folk

As capas optan pola estética máis boho con tecidos naturais, estampados folk ou técnicas tipo patchwork.

6. Saia de coiro

É outro básico do armario outonal, pero nesta ocasión vai haber moito onde elixir: saias de todos os largos, formas e deseños posibles.

7. Estampados gráficos en branco e negro

Os prints xeométricos volverán a ser o protagonistas, especialmente en minimalistas esquemas bicolor en branco e negro.

8. Sequins all over

Os vestidos (e outras prendas de roupa) énchense de abelorios de arriba a abaixo, para looks de festa onde brillar con luz propia. Non apto para todos os gustos, pero moi de tendencia.

9.Bombonera

Sacas e bomboneras serán os bolsos de moda, un accesorio casual, cómodo e moi versátil que poderás incluír día tras día.

10. Bailarinas con tiras

Se este verán as sandalias romanas, con multitiras, foron imprescindibles, no outono chega a quenda das bailarinas, que cambian parte da pala por lazada cruzada.

Shares

    2 comentarios

    • Carmen di:

      De verdade que entendo que non todo o mundo ten por que falar un galego perfeto, pero por favor, contraten un corrector de estilo, que hai moito filologo no paro!!
      “fuste tan previsora”. ardenme os ollos…

      gracinhas

    • Querida Carmen, a próxima vez que impartas leccións sobre corrección lingüística, recoméndoche que, polo menos, uses o Ortogal, que tres faltas nunha frase non está nada mal. Eu úsoo moito e axúdame.

      perfecto
      filólogo
      árdenme

      Saúdos cordiais,

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *