O pinball é cool (de novo)

pinballmaquina

O pinball foi un xogo moi popular hai algúns anos (bastantes). Aínda que nos 90 aínda se podían atopar máquinas de pinball nos recreativos, a súa popularidade non era xa o que fora e xa non era molón xogar unha partida. Os xogos electrónicos conseguirán facelos esmorecer e deixalos no caixón do pasado de moda. Pero agora, outra chea de anos despois, o pinball volve e faino con forza. No último CES, a feira de novas tecnoloxías que marca o calendario de todos os expertos techie, o pinball estivo moi presente. Os xogadores volven a mostrar interese e os fabricantes volven a facer estas máquinas. O pinball xa entrou na lista das cousas vintage que a todos nos deben molar. 

“Moitos dos que creceron xogando ao pinball poden agora permitirse as súas propias máquinas“, explícanos por correo electrónico Jody Dankberg, de marketing de Stern Pinball (a única empresa de todo o mundo que continuou facendo máquinas de pinball sen interrupción durante os anos de decadencia). “Os que teñen menos de 30 anos están descubrindo o pinball por primeira vez grazas aos videoxogos e ás apps para móbil“. Ademais, os recreativos volven a poñer ao pinball en primeira liña de combate: incluso, existe unha cadea chamada Barcade en Estados Unidos (están en Nova York, Nova Jersey e Philadelphia) que mestura nun único local restaurante, bar e recreativos vintage. “O pinball é cool!!!”, dinos Jody Dankberg.

En termos económicos, é bastante doado ver o retorno do pinball. “As ventas multiplicáronse por tres dende 2009”, explícannos dende Stern Pinball, que vai lanzar en 2013 tres novos xogos de pinball. Non só eles fabrican agora as máquinas. Están aparecendo novas compañías especializadas na súa produción, como apuntaba un artigo da BBC non hai moito, e os prezos das antigas máquinas están aumentando. “O pinball está reapaecendo en todo o mundo. América do Norte, Europa e Australia están vendo un gran aumento na base de xogadores”, apunta Dankberg. “Países como China ou Brasil están descubrindo agora o xogo e nos estamos traballando para medrar neses territorios”.

As novas máquinas de pinball non son exactamente iguais ás antigas. Agora publican os teus resultados nas redes sociais, permiten acceder a información en internet ou recuperan información sobre o xogo. “O pinball é un xogo de darlle a unha pelota e sempre o será”, defenden dende Stern Pinball, aínda que se modernice para adaptarse ao século XXI.

Foto |  robinvanmourik

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *