Non o perdas! O mellor de febreiro

Lady Leño, de Twin Peaks - non será a protagonista, pero é a personaxe máis fácil de copiar. Facer que o leño está a te dicir cousas é un plus.

Este mes non hai moita sorpresa. Que é o mellor de febreiro? O Entroido! A busca do disfraz perfecto, a súa preparación e xa, por fin, o día de saír á rúa asumindo o papel dalgunha outra persoa (ou animal! ou cousa!). As demais cousas de febreiro dan algo de preguiza: o frío, o inverno que aínda non remata, as seguintes vacacións aínda lonxe… menos mal que xa quedou atrás! Claro que en febreiro é tamén San Valentín, e parece que temos moito namorado entre os nosos lectores! Pasaches o mes pechado na casa preparando un disfraz e despois deprimido por ter que volver á vida real e non puideches ler Disquecool? Non te preocupes, como sempre, aquí van os posts máis lidos do mes para que esteas ao día!

5. Dulces y Saladas, un destino para o DIY en Compostela. Unha tenda nova na que mercar todos eses materiais para proyectos DIY que ata agora tiñas que pedir por Internet. Esa é a idea detrás de Dulces y Saladas, aberta desde o mes de decembro na Rúa Nova de Abaixo en Santiago de Compostela.

4. Disquecool invita: Antònia Font en Vigo e Compostela. Novo sorteo con novo reto, nova participación record! Como nos gusta que vos volquedes a contestar as nosas preguntas! Desta vez queríamos saber máis grupos con nome de persoa. O premio valía a pena: entrada dobre para ver a Antònia Font.

3. Vídeos para a fin de semana: filmes de amor (cool). Preparamos o día de San Valentín recomendándovos algunhas películas de amor. Pero non as típicas comedias románticas, non, só as que veñen con selo hipster e cool: de ‘Moonrise Kingdom’ a ‘Eduardo Manstesoiras’, pasando por ‘Alta Fidelidade’.

2. 5 tendencias de moda para a primavera 2013. Que ganas hai xa de primavera! Os gorros e as bufandas están moi ben, pero xa tivemos bastante. Queremos deixar os abrigos atrás e saudar ao sol. Que hai que poñerse esta primavera? Todos moi hipsters e pasando das tendencias, si, pero ben que quixestes ler este post.

1. Disfraces para culturetas. Por suposto, no mes do Entroido o máis lido tiña que ter que ver con disfrazarse. Cantas horas estivestes buscando disfraz por Internet? Cantos vos decidistes por algún destes disfraces para culturetas?

PLUS. La Malconttenta: cerámica ilustrada desde a paz campestre. Quedamos namorados das cerámicas e das ilustracións de La Malconttenta, chegadas desde Ferrol. Quen non quere algún deses pratos ou as tazas?

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *