Disquecool invita: Antònia Font en Vigo e Compostela

Quen se atreve a confesar? A primeira vez que oíches falar de Antònia Font pensaches que era unha persoa e non un grupo. Non te preocupes, todos pasamos por iso e non pasa nada se descobres a verdade antes de comentalo con ninguén. Ese amigo que sabe de música e que te mira con ollos de desprezo mentres di, “Antònia Font, esa cantante, non? Como Carmiña Burana…”. E rompe a rir con gargalladas de superioridade.

Pero todo ese sufrimento terá un froito! Participar neste concurso será moito máis fácil para ti. En primeiro lugar: que sorteamos? Dúas entradas dobres para ver a Antònia Font (e descubrir se de verdade é un grupo!) en Compostela o 28 de febreiro ou en Vigo o 1 de marzo. En segundo lugar: ata cando podes participar? Ata o martes 19 de febreiro ás 23:59 horas.

E en terceiro lugar: que tes que facer? Moi sinxelo: deixar un comentario nesta entrada dicíndonos algún outro grupo con nome de persoa! Pode ser nome e apelido, como Antònia Font, ou só nome. Lembra todos eses ridículos pasados descubrindo que non había ninguén chamado, por exemplo, Led Zeppelin! No comentario, indica tamén se queres a entrada para Vigo ou para Compostela.

O día 20 faremos o sorteo e avisaremos aos gañadores por email, que terán ata o domingo 24 para contestar.

Sorte!

Shares

79 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *