O papel hixiénico aínda non desapareceu dos supermercados (como unha insider nos dixo que xa lle contaran que empezaba a pasar en Madrid), pero por suposto xa estamos todos tamén en modo paranoia total co coronavirus. Non merquedes mascarillas, por deus bendito, e deixádellas ás persoas que as precisan!
É o momento de lavar as mans, aínda que iso xa había que o facer antes. Se algo nos trouxo o coronavirus é o de descubrir que levamos toda a vida lavando mal as mans e para que sirva de algo hai que lle dedicar tempo e unha coreografía. Nas últimas semanas, apareceron moitas recomendacións de cousas que podes cantar mentalmente para lavar o tempo suficiente. Unha web agora, Wash Your Lyrics, axusta o proceso de lavado á canción que máis che interese (e que estea na base de datos de Genius, iso si). E a partir de aí faiche un póster coas letras que che interesan.
Nós probamos o invento con algunhas cancións vinculadas dun xeito ou doutro con Galicia.
O tren, Andrés do Barro
O super clásico. Tamén queríamos poñer a Ana Kiro, pero non estaba no sistema. Foi unha traxedia.
Anduriña, de Juan Pardo
Esta canción fai que poñamos os ollos en branco, pero, oes, estaba no sistema.
Daddy Cool, de Boney M
Son música galega de adopción grazas ao Luar!!
Soy un truhán, soy un señor, de Julio Iglesias
Edición especial hixiene señoro (que as estatísticas din que son quen máis o precisan… Non lavan as mans).
Foto | Anna Shvets from Pexels
yr0gbo
sjry6e
rphqs1
0mn4y8
rwkkhc
lh6ia3