Ver cales son os temas que máis triunfan e o que máis interesa aos lectores ten moito de fascinante. Que é o que queredes saber? Que é o que ten máis tirón entre a audiencia? Para os xornalistas, os datos son ás veces un pouco tristes e fan que nos preguntemos que foi o que fixo que aquel temas que pensamos que ía triunfar non o consiga. Tamén son moi interesantes para comprender cal é o estado das cousas. Que vos interesa? En xaneiro está claro que o que máis vos importou foron os libros.
Por orde de éxito, velaquí os cinco temas máis lidos do mes de xaneiro.
- Os libros non mos toques, Marie Kondo
- Derry Girls: adolescentes, comedia e Irlanda do Norte nos 90
- Tsundoku, ou por que mercas libros cando tes tantos sen ler na casa
- Roma, ou como nos rendemos ante a pericia de Alfonso Cuarón
- «Bullet journal» ou como organizarte mellor este 2019
E o máis lido neste período da nosa hemeroteca: Galicia en guerra: a Galicia da Guerra Civil nas fotografías da Biblioteca Nacional
Foto | Pexels