«Bullet journal» ou como organizarte mellor este 2019

O teu propósito para 2019 era organizarte mellor e, sen embargo, co mes de xaneiro aínda sen rematar ves xa que a cousa non marcha, temos unha suxerencia para que probes antes de abandonar: un bullet journal.

Si, si, isto é moi 2016 e igual xa liches no seu momento moitos artigos sobre tema, pero este é diferente. Por que? Porque fala desde a experiencia. E non a experiencia dalguén que leva unha semana ou un mes xogando co método novo, senón a experiencia dunha exadicta a mercar cadernos que quedaban sempre en branco ou axendas que estaba meses sen utilizar que probou o bullet journal e xa non mirou atrás. Tres anos despois vou xa polo cuarto caderno.

Empecemos polo principio. Que é o bullet journal? Moi sinxelo: un sistema de organización para o que só fai falta un caderno e un boli. A idea é xuntalo todo nun único lugar: esas listas de tarefas ou ideas que apuntas en postits e perdes, a túa axenda, o teu diario.

Como funciona

Aínda que o mellor deste método é que é altamente flexible, si ten uns principios bastante inmutables: as páxinas deben estar numeradas (podes facelo a man ou mercar un caderno que veña xa así) e tes que engadir un índice. Xa só isto é tan sinxelo como xenial: podes anotar o que queiras e, se sabes que é algo que vas querer atopar no futuro (igual a lista da compra non importa tanto, pero a túa iluminación sobre como facerte rico si), poñer no índice a páxina na que está.

Xa só iso fará a túa vida máis fácil, pero hai máis. O seu aspecto axenda é un pouco estraño porque vai avanzando sobre a marcha. Ao comezo de cada mes, dedícaslle unha páxina ou dúas (un pouco como queiras, xa irás adaptando mes a mes): numeras os días e anotas eventos ou citas importantes. Podes facer ou non o mesmo cada semana (eu si que o fago, no deseño oficial orixinal non se fai), pasando as citas da páxina do mes á da semana e despois, cada día, anotas a data e as tarefas, citas ou comentarios que queiras.

Aquí van algúns exemplos de páxinas mensuais, semanais e diarias, para que vos fagades unha idea:

Páxinas mensuais:

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Soho Hana • Bullet Journal (@soho.hana) el

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Fran.tastic_ (@_applehead) el

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Jo T (@joanne.journal) el

Páxinas semanais:

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Rebecca Ernest (@anernestliving) el

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de studygram + bujo (@2chenstudies) el

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Lea 🌻 (@da.elle0608) el

Páxinas diarias:

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de new studygram ✨ (@coffeeandcram) el

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Rohini Raman (@everydayreflections) el

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Amy (@amyangelbujo) el

O método orixinal inclúe unha especie de lenda para os tipos de cousas que apuntas: un punto para as tarefas (as tacharás cando estean feitas), un circuliño para as citas, un guion para os comentarios. Se non fas unha tarefa, tes dúas opcións: pasala ao día seguinte, para o que pintas unha frecha cara a dereita sobre o punto, ou para outro mes, para o que pintas unha frecha cara a esquerda. A xente inclúe unha lenda que penso que é innecesaria, porque se necesitas algo así para saber que significan os símbolos que usas igual algo non funciona.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de 🌿 Bullet Journal for You 🌿 (@bujo.for.you) el

A idea é que cando remate un mes, mires que tarefas aínda non están feitas: se xa non son relevantes, táchaas; se si o son e as vas facer no mes que empeza, engádeas na páxina dese mes que estás a facer. Pero onde anotar as cousas que deixas para un futuro máis afastado?

Para iso están as páxinas de futuro (Future Log no nome orixinal). Son normalmente seis ao principio do caderno (despois do índice). Cada unha se divide en tres (serán os meses) e anotas aí as cousas que xa saibas do futuro (viaxes, citas médicas, cumpreanos…) ou tarefas que queres facer nese mes aínda que non teñas data. Cando chegue ese mes, ao crear a súa páxina, non tes máis que mirar se tes algo apuntado nese Future Log e copialo.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Mountainmermaid (@mountainmermaid.art) el

Despois, por último, están as coleccións, unha forma de chamar a todo o extra que engades (reflexións, listas etc.) e que é o que normalmente anotas no índice (podes apuntar as páxinas de meses tamén, pero en realidade son fáciles de atopar porque a orde é cronolóxica). As miñas coleccións máis prezadas (as únicas que fago) son unha con direccións para enviar postais cando viaxo e sexa sorpresa e outra con ideas de agasallos que fan máis doados os aniversarios e todo o Nadal.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de jks (@jodykayscribbles) el

Son moi consciente (e por iso tanta imaxe) de que isto soa máis complicado do que é, pero a realidade, unha vez que empezas, é máis sinxela. É flexible (basicamente podes facer un pouco o que queiras e ir cambiando e adaptando cousas sobre a marcha; ademais, se estás varios días ou semanas sen usalo, podes retomar onde o deixaches e non deixar varias páxinas en branco como nunha axenda), é rápido (se queres, tamén podes dedicarlle dúas horas diarias a ilustracións e táboas e outras complicacións), e axuda a eliminar cousas que apuntas e perdes.

Queres empezar? A miña recomendación: mira o vídeo inaugural, ese que provocou a tolemia en 2015. Aí o creador, o deseñador gráfico Rydel Carroll, explica como ir paso a paso (e verás que é moi minimalista, non todo o que ves en Instagram). Despois, colle libreta e boli e empeza! A cousa irá evolucionando soa, xa verás. E, se te sentes preparado, busca máis información en internet. É todo un mundo.

E ten tamén clara unha cousa: non ten por que ser artístico ou bonito. Se queres facelo así porque é o teu rollo, xenial, pero o importante é que funcione. Se aínda así sentes que ninguén será quen de facelo tan feo coma ti, busca o hashtag #uglybulletjournal en Instagram e desfruta.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Leslie (@_leslieplan) el

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Kat Mayerovitch (@kat_mayerovitch) el

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Laura Gonzalez (@thatgeek.laura) el

Shares

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *