Non o perdas! O mellor de xaneiro

Somos xente optimista e en canto cambiamos de ano deixamos o inverno espiritual atrás. Notamos como os días empezan a ser máis longos, aínda estamos a cumplir os nosos propósitos de ano novo e vemos a luz primaveral ao final do túnel. Dá igual que aínda queden dous meses de inverno, confiamos xa en días fríos pero de ceo azul e máis horas de luz. 

Xaneiro foi polo tanto un mes de novas ideas e novos proxectos, un mes no que buscamos mellorar sabendo que é posible. Botamos un vistazo a novas tendencias que xa nos achegan á primavera, espiamos proxectos de artistas galegos que intentan darlle outra mirada ás cousas, rimos co marketing das máquinas expendedoras de Coca-Cola, pensamos en viaxar lonxe con películas ou con decoración… Se ti estabas aínda en plena depresión invernal escondido nunha cova e non nos fixeches todo o caso que deberías, non te preocupes. Podes recuperar o tempo perdido botando unha ollada ao máis visto do mes de xaneiro!

5. Disquecool invita: Neil Halstead, La Familia del Árbol e Matthew P en Vigo. Eran entradas gratis para un concerto que tivo lugar esta fin de semana (alguén foi? que tal?). Como sempre, había que pensar un pouco para poder participar: tiñades que falarnos de músicos con barba! Agora temos unha lista enorme, non sabemos se crear unha playlist barbuda en Spotify…

4. 5 ideas para reciclar xoguetes. DIY mesturado con nostalxia infantil e vida ecolóxica. Que esta entrada sexa das máis lidas fainos moi felices á par que orgullosos de ter uns seguidores tan como nós. Alguén empezou xa a facer o colgadoiro de Playmobil? É tan bonito!

3. Juan Ares: mobles de deseño con recendo a mar. Moitas veces saímos polo mundo para buscar ideas cool, pero outras moitas non hai que ir moi lonxe. Os mobles mariños de Juan Ares son un exemplo perfecto. Todos queremos eses pufs inspirados nos amarres dos barcos!

2. Doce, alta pastelería en Compostela. Somos larpeiros, si, pero con estilo. En Doce é posible probar sobremesas moi diferentes ás que estamos afeitos, apostando polo produto galego e sempre facendo que quedemos con ganas de máis.

1. 10 oficinas cool: cando ir a traballar é un pracer. Todos coincidimos en que traballar nunha oficina gris e escura non é o mesmo que ter como lugar de traballo un espazo con tobogán e área para pícnic. Traballaremos máis felices e, polo tanto, mellor. Unha escravitude mellor levada!

PLUS. Galicia a vista de FoursquareMapas nocturnos que en realidade non son tal: as luces son check-ins en Foursquare. Analizamos a actividade da app de localización nas principais cidades galegas!

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará