Coca -Cola é un xenio do marketing. É unha das marcas máis coñecidas do mundo, máis omnipresentes e máis influentes. Fixo que todos nós pensásemos en Papa Noel como un señor gordiño vestido de encarnado. Fixo que todo o mundo asociase a súa bebida coa idea da felicidade. Non só gasta moreas de cartos en anuncios dos de toda a vida: tamén son uns magos en facer cousas que chaman a atención e que son carne de viral. Como, por exemplo, tunear as súas máquinas expendedoras para convertelas noutra cousa.
1. A máquina da felicidade
O lema de Coca Cola é o de facer do mundo un sitio máis feliz e para iso lanza campañas de marketing que reafirman a idea. A súa estratexia é a moi longo prazo e contou con momentos como o que segue: unha máquina da felicidade que instalaron nun campus.
2. A máquina diplomática
Esta máquina mandárona á fronteira entre India e Pakistán, na zona en conflito de Cachemira. Cando alguén quería unha lata de Coca-Cola, tiña que compartila cun inimigo do outro lado.
3. Un abrazo, un refresco
Esta máquina estivo na National University de Singapur, no 125 aniversario da bebida. Se a abrazabas, dábache un refresco. 100% real.
4. Baila e bebe
Kinect é a cousa esa de Microsoft que fai que os xogos sexan super intelixentes. Non sei como chamalo (periférico? Tiven este debate moitas veces: os de Redmond sempre din ‘o que fai que o teu corpo se converta nun mando’) pero, aínda que o principio non daba un duro por ela (estou xa esquecendo o meu futuro como gurú), ten unha chea de aplicacións. Unha delas é a de usala para fins publicitarios, como esta máquina que che dá unha Coca-Cola cando bailas. Estaba en Corea do Sur e polos movementos dalgúns conseguir a bebida non era sinxelo.
5. Canta e bebe
Este vídeo non ten a espontaneidade doutros, pero aínda así a máquina non deixa de ser curiosa. Puxérona en Romanía este Nadal e agasallaba con refrescos a quen cantaban panxoliñas. A máquina daba a letra. Os asistentes poñían a música.
Esta é a versión nórdica, tamén desde Nadal e cunhas interpretacións máis de verdade.
7. A máquina máis grande do mundo
Neste caso, fixérona para un anuncio, pero non deixa de ser curiosa e viral. Durante os Xogos Olímpicos de Londres, Coca – Cola deu refrescos gratis e para promocionalo construíron a máquina máis grande do mundo.
Foto | Coca-Cola South Africa