Publicidade retro da Biodramina

Non hai nada menos glamuroso que os mareos cando se viaxa. Sen embargo, cando apareceron os primeiros remedios para ese problema, os carteis publicitarios tiñan un certo aspecto glamuroso, o que agora nos parece esa publicidade retro que acaba espertando certa fascinación (e que serve para analizar tantas cousas do pasado…).

Biodramina acaba de facer 65 anos e no seu aniversario puxeron a disposición dos medios unha morea de imaxes retro (arriba unha selección deses anuncios vintage). O produto (é un medicamento? non o é?) naceu apareceu en España en 1952, lanzado polo Doctor Joan Uriach, quen usou un principio activo que fora empregado no Desembarco de Normandía para evitar que os soldados se marearan. Nos anos 50 empezaba o turismo por estrada, aínda que os vehículos non eran moi cómodos para viaxar.

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará