Algúns foron premiados en certames internacionais, outros obtiveron o recoñecemento do público a través da sempre perseguida viralidade en internet. Hainos que case parecen películas, hainos completamente amatoriais. Fálannos de coches, libros, bebidas enerxéticas, academias de baile, avións e xornalismo. Moitos foron concibidos para a súa exhibición nun mediático evento deportivo, outros parecen contos, e algún mesmo se utilizou como ferramenta de captación de novos talentos para unha empresa. Todos son diferentes, pero por uns motivos ou outros, son merecedores de figurar na nosa selección top 10 de anuncios do ano 2012.
10. Unha homenaxe aos libros – TYPE BOOKS. Porque en Disquecool amamos as letras, incluímos este anuncio que ten por obxectivo enxalzar os libros en papel. Foi creado polo creativo Sean Ohlenkamp e a súa muller para a libraría Type Books de Toronto, con notable repercusión na rede.
9. At Twitter, The Future is You – TWITTER. Incluímolo na nosa lista de vídeos que deberían ser virais, porque si, o vídeo que a rede social fixo para promocionar o seu programa de procura de talento é sublime.
8. Red Bull Stratos – RED BULL. Non é un anuncio no senso tradicional, pero a campaña en si tampouco o é. Coa experiencia de Felix Baumgartner Red Bull revolucionou o marketing, a comunicación e o patrocinio. Oito millóns de persoas seguiron o salto do austríaco en directo en YouTube. Ademais, o récord estratosférico emitiuse en 40 cadeas de televisión e 130 medios dixitais. Foi portada de informativos, diarios e medios online de todo o mundo.
7. DOLLARSHAVECLUB.COM. Un spot f***ing great protagonizado polo CEO da empresa, un dos seus empregados, ferramentas perigosas e un inquietante oso. Carne de Internet.
6. Push to add drama – TNT. Ultimamente non poden faltar neste tipo de recompilacións os libdub e as accións de marketing sorpresivo na rúa. Neste caso, TNT, con motivo do seu lanzamento en Bélxica, instalou nas rúas deste país un botón acompañado da seguinte lenda: “Preme aquí para engadir drama”. Os transeúntes que así o fixeron sorprendéronse con accidentes, ambulancias, disturbios, policías e motoristas lixeiras de roupa. Un auténtico éxito, o segundo vídeo máis compartido de todos os tempos, só despois do xa mítico anuncio de Volkswagen, ‘The Force’.
5. Un futuro campión de baile – STUDIE43. Existe algo máis viral que un neno que baila? Unha gravación totalmente amatorial do prodixio do baile William Stokkebroe, de tan só 2 anos, serviu de vídeo promocional para a academia de baile danesa Studie 43. Un hit con máis de 17 millóns de visitas.
4. Grandpa’s Magic Trick – WIDEROE AIRLINES. Este anuncio dunha areoliña rexional de Noruega resulta encantador. A espectacular paisaxe, a excelente interpretación e a bonita historia alíanse para crear unha peza sinxela e fermosa. O spot emitiuse unicamente en Noruega pero converteuse en todo un éxito en internet.
3. The Dog Strikes Back – VOLKSWAGEN. Xa sabedes, a Super Bowl, a final da liga de fútbol americano, significa anuncios. E este ano Volkswagen volveu co obxectivo de repetir o éxito obtido en 2011 co pequeno Darth Vader. Era un gran reto, e pese a non acadar o sublime de ‘The Force’, os alemáns souberon estar á altura. Os ingredientes: un can que se pon a dieta e un final con clara referencia ao bombazo do ano anterior. Non me resisto a deixarvos tamén outra peza exquisita protagonizada por cans, que en 2012 destronaron aos sempre resultóns gatos: a sinfonía canina que interpreta a marcha imperial.
Durante o anuncio preséntanse nais distintas, en distintos países, de distintas culturas, pero todas teñen algo en común, algo universal: o seu apoio e a dedicación constantes. “O traballo máis duro do mundo, é o mellor traballo do mundo”.
1. Three Little Pigs – THE GUARDIAN. Imaxinas a historia dos Tres porquiños narrada ao estilo xornalístico? The Guardian así o fixo, con portadas anunciando a exclusiva, infográficos que cuestionan a acción do sopro do lobo sobre a casa, reportaxes de investigación… e sobre todo, comentarios en Twitter de lectores, vídeos reveladores en Youtube, debates en torno ao caso e noticias compartidas en Facebook que reforzan o concepto de Open Journalism. Unha idea brillante.
1 comentario