A piques de rematar o ano, non queremos deixar pasar a oportunidade de facer un deses ranking que tanto se estilan nestas épocas. Aquí vos deixamos a selección dos anuncios de 2011 que máis nos gustaron. Algúns deles foron pensados para a televisión, outros para Internet, buscando a cobizada viralidade. Por uns motivos ou por outros, estes 12 foron os que máis chamaron a nosa atención.
* NOTA: Non se inclúe nesta recompilación o mellor anuncio da historia, que como sabes merece unha mención aparte.
1.Volkswagen – A forza. Un anuncio para os amantes da Guerra das Galaxias, que xa son pais e pode mercar un Passat. Un neno incriblemente expresivo aínda baixo a máscara de Darth Vader. Un spot verdadeiramente xenial que arrasou en YouTube.
2. T-Mobile – Royal Wedding. Moi listos os da operadora inglesa aproveitando o tirón da Voda Real entre o Príncipe Guillermo e Kate Middleton cun anuncio nacido para a viralidade que imita a famosa performance que en 2009 uns noivos subiron a YouTube.
3. Nissan – Poneis Malditos. Os ponis non son tan adorables como parecen. Ten coidado, porque a música queda verdadeiramente na túa cabeza para sempre (aínda que o compartas!).
4. Carlsberg – Moteiros no cine. Imaxinas chegar ao cine, que só queden dous sitios libres, e que o resto das butacas estean ocupadas por moteiros con cara de poucos amigos? A unhas cantas parellas belgas pasoulles, e as que non se deixaron levar polas aparencias obtiveron unha recompensa.
5. Cravendale – Gatos con dedo polgar. Hilarante. Que pasaría se os gatos tivesen dedo polgar? Cantas máis veces o ves, máis ris.
6. SmartWater – Jennifer Aniston goes viral. Unha marca de auga que tamén quere aproveitar o tirón do viral, neste caso cunha Jennifer Aniston un pouco perdida que confunde ‘o viral’ cos ‘virus’ e ten que botar man dun grupo de “rapaces de internet” para facer un vídeo exitoso na rede, No seu cometido non dubida en utilizar todos os ingredientes necesarios: animais, bebés bailando, rapaces cantando, un arco da vella e un pouco de violencia.
7. Kia – Party Rock Anthem-Kia Soul Hamster Commercial. O noso responsable de fotografía pregounos a inclusión desta “obra mestra”. Afirma que non pode evitar imaxinar o momento no que os creativos trasladaron aos responsables de Marketing da empresa a idea: tres hámsters xigantes bailando techno en metade dunha loita de robots.
8. Canal + – O oso. Moi fans deste oso que ascendeu de alfombra a director de cine.
9. Chipotle – Back to the Start. Fermoso anuncio da empresa de restaurantes mexicanos, que remata cunha mensaxe: cultivar un novo mundo.
10. Mixta – Liberad al Pato Willix. Outra aposta pola viralidade, un pato ao que “lle puido a boca” e acabou pechado en YouTube. A súa liberación só se produciría tras acadar 1 millón de visitas. E claro, conseguiuno.
11. Ikea – Tenéis derecho a dormir tranquilos. Un dos nosos entrevistados comentounos un día que o “riquiñismo” estaba de moda. Estamos de acordo, e esta é a proba, o riquiñismo elevado á máxima potencia.
12. Mercedes Benz – Tornado. Gústanos como se vale da interface de YouTube para crear un anuncio que se sae do reprodutor.
Cales son os teus favoritos?