Non o perdas! O mellor de decembro

Decembro xa quedou atrás, dixemos adeus a 2012 e, xa que o mundo non rematou, toca facer balance deste último mes. Foron días de mercados de Nadal (moitos, moitísimos), de pensar en agasallos e de percorrer tendas con artigos vintage. Fixemos un repaso ao grande de todo o que pasara no ano cos nosos top 10, nun mes que empezara descubrindo moitas cousas no Culturgal. Estiveches demasiado ocupado en decembro mercando regalos e asistindo a ceas como para ler Disquecool? Non te preocupes, como todos os meses, lembramos cales foron as entradas máis lidas.

5. Nas rúas de Helsinki. O proxecto Helsinki Street chega da man dun grupo de fotógrafos fineses que queren volver á fotografía urbana, facer ver que esta é posible máis alá de Instagram. Que teñen que dicir todos estes profesionais da fotografía da capital de Finlandia? Moito.

4. Bee Market: consumo con conciencia. Decembro estivo cheo de mercados de Nadal nos que mercar agasallos especiais. Houbo de todo, desde os tradicionais ata os modernos, e despois estivo tamén a proposta sostible e con conciencia do Bee Market en Vigo: consumo ecolóxico, de pequeno comercio, de inclusión.

3. Swinging Chicks, roupa retro cosida en Galicia.Como nos gusta a moda! Especialmente cando se trata de propostas orixinais e de calidade, cun punto vintage e feitas aquí mesmo. É o caso de Swinging Chicks, o proxecto de María Lareo, con sede en Arnhem (Holanda) pero con deseño e fabricación 100% galego.

2. 5 ideas DIY para o Nadal. O Nadal é a época perfecta para sacar a relucir todas as nosas habilidades DIY, tanto para decorar a casa como para facer agasallos especiais e orixinais. Hai milleiros de ideas e de blogs por todo Internet, pero nós seleccionamos cinco.

1. Switcheroo: a última moda entre parellas de hipsters. Roupa, fotografía e Internet xuntos nunha mesma tendencia, como non vos ía gustar? Seguro que moitos de vós xa estades a practicar o Switcheroo, cambiar a roupa coa parella e facerse fotos. (Se estades a facelo, por favor, queremos ver esas imaxes!)

PLUS. Os nosos Top 10 de 2012. A lista de entradas máis lidas de Disquecool en decembro está un pouco manipulada: o que tivo máis éxito foron as nosas listas do mellor do ano, pero decidimos sacalas do cómputo. Aquí están, de todas formas, para os que non tivestes a oportunidade de lelas:

Top 10 do 2012: disquelugares
Top 10 do 2012: letras
Top 10 do 2012: discos
Top 10 do 2012: películas
Top 10 do 2012: tendencias
Top 10 do 2012: series
Top 10 do 2012: turismo e viaxes
Top 10 do 2012: cousas que fan fotos
Top 10 do 2012: anuncios
Top 10 do 2012: tecnoloxía
Top 10 do 2012: moda

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará