Cales foron os mellores filmes estreados no 2012 en España? Esa e unha cuestión á que realmente non queremos responder (síntome como unha profesora rexeitando nenos para a obra do colexio), pero iso non quita que haxa determinadas películas que nos chegaron especialmente, títulos que recordamos entre a nebulosa cinematográfica do ano, filmes que aportan algo novo, algo diferente, algo bonito ou simplemente algo definitivamente ben feito.
Todo bo top 10 está condenado a ser subxectivo e parcial. Anímovos a apuntar estes filmes na lista de pelis para ver, pero tamén a recordar as vosas favoritas para compartilas con nós.
10. The deep blue sea – Terence Davies
Este filme aborda o recorrente tema da infidelidade (muller burguesa con marido aburrido) dun xeito elegante e preciosista, que bebe de clásicos dos anos 50.
A longametraxe de animación Arrugas gústanos case tanto como o cómic de Paco Roca no que está baseada. Unha historia entrañable, pero tamén dura, sobre dous amigos que comparten habitación nun xeriátrico.
8. Frankenweeenie – Tim Burton
Tan bonita como todos os filmes de Burton, e especialmente conmovedora. Cóntanos a historia de como Victor resucita ao seu can, e as consecuencias que isto lle trae.
7. Intocable – Olivier Nakache e Eric Toledano
Unha comedia fresca, positiva e que fuxe de paternalismos sobre a relación entre un tetrapléxico rico e o seu coidador proveniente da banlieu.
6. Blancanieves – Pablo Berger
Orixinal adaptación do conto clásico á España dos anos 20, cunha estética deliciosa. Se o ano pasado lembrabamos con ‘The Artist’ que o cine mudo pode molar, este ano confirmámolo.
5. As neves do Kilimanjaro – Robert Guédiguian
Un filme modesto, pero moi honesto, que retrata os dilemas morais aos que se enfronta unha vella parella tras ser asaltados na súa casa.
4. Argo – Ben Affleck
Divertido thriller político sobre o rescate de seis rehenes americanos no Irán de Jomeini.
3. Take shelter – Jeff Nichols
É unha película estraña pero fascinante, que coquetea con distintos géneros para mostrarnos o terror do protagonista ante algo que pode ser a apocalipse ou unha enfermedade mental.
2. Amour – Michael Haneke
Tenra pero abrumadoramente dura, este filme mostra como o amor dunha parella de octoxenarios é posto a proba pola enfermidade dela.
1. Moonrise Kingdom – Wes Anderson
Preciosa, emotiva e melancólica fábula sobre a inxenua forza do primeiro amor.
1 comentario