Nas rúas de Helsinki

Benjamin Suomela, Helsinki Street

Benjamin Suomela

Temos esa imaxe do norte idílica, esa especie de paraíso frío no que, a excepción das 4h de luz diarias do inverno, todo é perfecto e marabilloso. Se nos centramos un pouco máis e pensamos en Finlandia pouco máis nos vén á cabeza que Papá Noel falando por un teléfono móbil. Finlandia parécenos, como o poderíamos dicir, como un parque temático no que o peor que te pode pasar é que morras conxelado ao saír da sauna e meterte no lago xeado.

Pero Finlandia ten Helsinki, e Helsinki é unha cidade, aínda máis, é unha capital. E como toda gran cidade ten unha vida oculta, peculiar e surrealista agochada para quen non a queira ver, pero que está aí esperando que alguén a busque. E isto é xusto o que fixeron un grupo de fotógrafos fineses: mostrarnos o Helsinki que no sae nas guías, para ben, e para mal.

Sami Kero Helsinki Street

Sami Kero

Helsinki Street é un proxecto conxunto dun grupo de fotógrafos profesionais que queren retomar a antiga tradición da fotografía urbana que o día a día do sector profesional lles fixera esquecer. Ante a invasión de cámaras nos móbiles, o labor de fotografar as nosas rúas quedou en mans de Instagram, e o que a xente de Helsinki Street quere mostrar, é que eles, todos bos profesionais, teñen tamén algo que dicir.

“Aínda que me pagan para observar somentes me concentro niso canto estou facendo algún traballo, nunha capa moi fina de realidade ao meu redor. Un par de días despois de comezar a fotografar a cidade, decateime de que agora finalmente vexo Helsinki, a miña cidade durante os últimos oito anos.” Quen escribe isto é Sami Kero, un dos fundadores de Helsinki Street e fotógrafo do Helsingin Sanomat, o principal xornal de Finlandia. Sami e outros dos seus compañeiros foron galardoados en varias ocasión co Vuoden lehtikuvat, (o premio de fotoxornalismo máis prestixioso do país) o que da unha idea da calidade fotográfica desta aposta.

Touko Hujanen, Helsinki Street

Touko Hujanen

Helsinki Street é unha marabillosa colección de imaxes espontáneas e en ocasión surrealistas, que nos mostran unha cidade peculiar e chea de contrastes. Con estilos moi diferentes, os 16 fotógrafos mostran unha visión moi persoal e libre pero ao mesmo tempo moi fiel desta cidade peculiar. Porque se Helsinki ten únha característica, é que é diferente.

Aapo Huhta, Helsinki Street

Aapo Huhta

Fotos | Benjamin SuomelaSami KeroTouko HujanenAapo HuhtaMiikka Pirinen

Shares

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *