Unha lámpada feita de osiños de goma

A primeira destas lámpadas foi feita para o set de gravación de iCarly, pero iso non debería engadir prexuízo algún á vosa apreciación do que ides ver. Ante vós tedes á auténtica lámpada de osiños de goma: unha exaltación suprema das lambonadas (é bastante cara) que vos fará dubidar sobre se non sería mellor ter algo así na sala de estar no canto da non moi divertida lámpada de toda a vida que a decora.

Candelier Kevin Champeny

Detrás desta idea está Kevin Champeny, uns dos product managers de Jellio. Jellio é unha empresa estadounidense que ten unha curiosa filosofía. Eles pensan nas cousas que lles facían felices cando eran nenos e fan delas mobles. Así, teñen unha mesa cupcake, un sandwich xeado que pode ser mesa ou puf ou o que che apeteza, unha mesa de caramelos ou un asento magdalena. Unha desas ideas incribles é Candelier, a lámpada de osiños de goma, que Champeny fai de forma artesanal. Para iso tivo que facer a man 3.000 osiños acrílicos.

osiños goma candelier kevin champeny

A lámpada non é barata. O modelo de 31 centímetros de diámetro sae por 6.500 dólares e o de 18 por 2.4000. Aínda que, iso si, é orixinal e moi diferente. Para os menos espléndidos, sempre queda botar man da lámpada de sobremesa, menos impresionante pero máis económica.

Fotos | Tumblr do deseñador 

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *