Lumix G6: Vida máis alá das réflex

Panasonic Lumix G6: Análise

Non vou moi errado se digo que una vez ao mes alguén me pide consello sobre que cámara mercar. Nalgúns casos é alguén que busca unha compacta sinxela que lle saque boas fotos e non lle dea preocupacións, pero case sempre se busca algo máis. Neses casos a xente vén a min cunha idea na cabeza, queren unha cámara boa, unha desas que son grandes e teñen ópticas intercambiables. E hoxe imos a falar de unha alternativa a esas cámara “grandes”: a Lumix G6.

Panasonic Lumix G6: Análise

Non se pode comezar a falar desta cámara sen antes explicar a súa principal característica: é unha cámara Micro Catro Terzos (MFT nas súas iniciais inglesas). Este sistema, desenvolvido conxuntamente por Panasonic e Olympus, elimina o espello das cámaras réflex e iso permítelle aproximar máis o obxectivo ao sensor, reducindo o tamaño das ópticas. Desta maneira é posible conseguir cámaras moito máis pequenas con moi bos resultados ópticos. Outra vantaxe e que ao tratarse dun sistema desenvolvido por varias compañías, é posible usar cunha cámara todo o catálogo de ópticas doutras marcas dos sistema MFT.

Panasonic Lumix G6: Análise

A Lumix G6 é a irmá pequena das tope gama de Panasonic. Cun aspecto que parece copiar a forma das réflex, pero cun corpo indubidablemente máis pequeno, esta cámara ofrece un agarre cómodo incluso con ópticas relativamente grandes como o 35-100mm f/2.8 que tamén probamos. Ademais, conta cunha pantalla despregable que fará as delicias dos máis afeccionados ao vídeo e os planos rebuscados. A pantalla é táctil e permite navegar polos menús dunha maneira un pouco máis rápida que cos diais, se ben é certo que a inmensidade das opcións de configuración obrigan a dedicarlle un tempo de sofá e manual de instrucións se queremos sacarlle partido ao 100%. Outro dos puntos a favor do deseño da G6 e que conta cun visor electrónico que os que estamos moi afeitos a visores ópticos agradecemos, ademais de permitirnos mellorar a estabilidade da cámara e aforrar batería.

Panasonic Lumix G6: AnáliseEn canto á calidade de imaxe non hai queixa. Con 16 millóns de píxeles e gravación 1080/60p, a G6 sitúase non moi lonxe das súas irmás maiores a GH3 e a GX7. Se a comparamos con algunhas cámaras réflex do mercado, como a moi respectada Canon Eos 5D Mark II vermos como os niveis de ruído son moi semellantes se traballamos en Raw. Se disparamos en jpg os cálculos automáticos, tanto de exposición como balance de brancos son moi correctos e crean imaxes moi naturais.

O kit máis común da G6 inclúe un obxectivo básico 14-42mm f/3,5-5,6 (equivalente en paso universal a un 28-84mm), un obxectivo modesto e barato que resulta moi practico para comezar a descubrir a cámara. Pero e é neste punto onde a G6, e en xeral todas as MFT, teñen un punto a favor: a relación calidade/prezo dos obxectivos de MFT. Se ben a moitos usuarios de réflex dixitais cústalle dar o salto a boas ópticas, polo alto dos seus prezos, os usuarios de cámaras MTF teñen á súa disposición un enorme catálogo de obxectivos moi luminosos, de boa calidade e rematados e a un prezo ata tres veces máis económico que o equivalente para réflex. Por outra parte, se queremos seguir avanzando e introducirnos cada vez máis no mundo da foto, temos a posibilidade de adquirir obxectivos con características equivalentes aos chamados “profesionais”. Un bo exemplo e o 35-100mm f/2,8 (equivalente a 70-200mm). Unha óptica pequena e de construción sólida con zoom e foco interno que resolve a perfección as necesidades de teleobxectivo da maior parte das situacións as que nos enfrontemos normalmente. Ademais dunha gran luminosidade, conta con estabilizador de imaxe que, xunto cos altos niveis de sensibilidade da Lumix G6, permitiranos utilizar a nosa cámara en situación de moi pouca luz.

Panasonic Lumix G6: Análise

Volvendo á cámara, a G6 ofrece unha serie de extras que fan que o seu uso chegue a ser moi entretido. O feito de incluír na configuración da cámara un programador de disparos fará que te lances a probar o divertido mundo do time-lapse, obtendo resultados moi decentes as poucas probas que fagas. Os afeccionados ao vídeo tamén contan con unha entradas de audio, para poder usar micrófonos externos. Outra característica “tecnolóxica” é a inclusión de wifi directamente no corpo da cámara. Desta maneira, e xunto coa aplicación propia de Panasonic (para Android e iOS), poderemos descargar as fotos no teléfono ou disparar a cámara directamente dende o noso terminal, evitándonos o uso de mandos a distancia ou disparadores automáticos. Cabe dicir neste punto, que a configuración da wifi pódese converter nun pesadelo se non contas con NFC no teu teléfono.

Panasonic Lumix G6: Análise

En resumo, a Lumix G6 é unha desas cámaras que eu recomendo a todo aquel aquel que queira probar a ter máis control sobre a súas fotos, que busque calidade e que non precise ter unha cámara máis grande co resto.

Deixámosvos cunha galería de imaxes que fixemos durante estes días de proba.

Fotos | Andrés Fraga

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará