Vídeos para a fin de semana: marketing que debería ser viral!

Por que cando estamos vendo a tele e poñen anuncios morremos de dor e desesperación e en cambio imos directos a YouTube, como anxiños, a ver anuncio tras anuncio? Anuncios que, moitas veces, nin tan sequera anuncian cousas que podamos mercar. O secreto está en que molan, en que todo o mundo fala deles e en que, en lugar de publicidade, son como o virus da gripe (que como alguén o pille no teu traballo, vas caer seguro). Para poñervos as cousas sinxelas aquí vos deixamos catro anuncios que decididamente debían ser virais. Bo fin de semana!

4. Google en San Valentín. San Valentín é unha festa de mentira creada por uns avispados comerciantes. Este ano, Google lanzou un doodle que algunha xente cualificou en Twitter de “indixestión de azucre”. Viral foi, porque non hai nada máis visible que a páxina de inicio de Google. Foi o vídeo da semana e por iso vai entrar tamén. Un doodle non deixa de ser posicionamento de marca.

3. O futuro de Twitter es ti! Ten 834.609 visionados, pero non conseguiu saír aínda do mundo pechado dos fans das novas tecnoloxías que (lemos) len Mashable e saben que marcharse con caixas destempladas dunha empresa é ‘facer un Michael Arrington’. Twitter fixo un vídeo para promocionar o seu programa de procura de talento e atopar así os perfís que precisan. O vídeo é sublime, un dos mellores vistos nos últimos tempos por quen escribe. De visión obrigada e de publicación igualmente obrigada en todos os taboleiros de todos os usuarios de Facebook que se consideren guays.

2. Hipsters do futuro. Así é como todos nós seremos no 2062. Estades lendo Disquecool, seguro que usades roupa retro/vintage e apostaría que tedes unha Polaroid,  algún filtro en algunha app ou algún trebello pseudo vello. Así que sodes hipsters (eu aínda o estou procesando). Este vídeo, que promocionaba a Social Media Week que hoxe remata en Londres, permite ver como seredes na xubilación. Moi fan do vello que fixo unha app que non servía para nada.

1. Azucre viaxeiro. Tiense Suiker, unha marca de azucre belga, lanzou unha preciosa campaña na que un pobre home de azucre ten que buscar o seu camiño de volta ao fogar.

Foto | Sanofi Pasteur

Shares

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *