Saes á rúa, miras un edificio ao lonxe e decátaste de que lle falta unha peza de Lego no centro. Paseas por un parque, miras cara arriba e ves unha cámara de fotos de dimensións descomunais pendendo sobre a túa cabeza. Son anuncios XXL, tácticas invasivas do marketing para conseguir, esta vez si, acadar a túa atención.
E é que o que era impactante hai uns anos é agora xa aburrido. Non chega con buscar o anuncio máis orixinal, o seu formato tamén debe selo. E eses anuncios escultura, eses xogos visuais, eses happenings na rúa, non só chaman a nosa atención, tamén logran gustarnos, crear un sentimento de tenrura cara eles, porque esa desproporción nas formas, ese lúdico semellar, parécenos entrañable, brillante, divertido.
Vexamos algúns deses fantásticos anuncios XXL.
2 comentarios