Anuncios da era de Mad Men que volven

Este domingo imos ser moi felices: o 25 de marzo de 2012 volve, tras unha longa paréntese, ‘Mad Men, a nosa serie favorita de publicistas e unha das nosas predilectas do mundo mundial no que a series se refire, volve á televisión estadounidense. Voltaremos a suspirar por Don Draper, analizaremos outra vez a nosa sorte por non ter tido a Betty como nai e soñaremos con ese mundo elegante, no que a xente levaba luvas e bebía cócteles con moito estilo. E, bah, eran moi infelices (en fin… non imos desvelar nada da trama) pero pouco importa porque todo era preciosista. A publicidade incluída.

Foi a época de Mad Men a etapa dourada dos anuncios? Estaban a experimentar, estaban a descubrir o potencial da publicidade de masas e o marketing estaba nese momento de efervescencia que acompaña aos nacementos de movementos e tendencias de mercados. Imaxinade o burbullante que é o mundo do social media agora, o que nos fascina a todos a novedades das redes sociais, e poderedes entender a sensación de modernidade que sentía esa xente.

Recuperar eses anuncios classy, elegantes (e si, moitas veces tan politicamente incorrectos que hai que esquecer todo o que acabo de dicir), é un dos obxetivos de varias accións que se están desenvolvendo estes días. A primeira é a edición especial – e fascinante – da revista Newsweek, que che fai desexar pisar un quiosco abastacido con toda prensa internacional para poder facerte cun exemplar. A revista leva á súa portada do último número aos protagonistas da serie así que decidiu madmenizar tamén a súa publicidade. Pediulles aos anunciantes que empregasen reclamos con esa estética e o resultado – que podedes apreciar nesta fotogalería – é sublime. Algunhas marcas recuperaron creatividades daquela época e outras simplemente fixeron unhas novas, pero cun estilo digno de Sterling Cooper Draper Price. 

A segunda é un colección de Taschen, á venda dende xa, que recupera os anuncios da verdadeira época Mad Men. Os dous volumes, que chegan en formato estoxo, recuperan os mellores anuncios que apareceron na prensa estadounidense nas décadas dos 50 e dos 60, acompañado de campañas publicitarias significativas desa época. ‘Mid-Century Ads: Advertising from the Mad Men Era’ chega en edición trilingüe (castelán, portugués, italiano), por 39.99 euros e con 720 páxinas cheas de cor.

Fotos | Taschen

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *