Galicia a vista de Foursquare

GaliciaNavegando por internet podes atopar milleiros de versións dos famosos mapas de Google Maps feitas con diferente información, pero unha das que máis gracia nos fixo recentemente foi a que atopamos onte en Microsiervos. Xa sabedes que somos amigos de Foursquare, e que a pesares de que esta rede social non é, nin será, o próximo Facebook, estase a consolidar o seu uso. Cecais porque é util á hora de atopar sitios onde ir, saber por onde andan os teus amigos e, por que non dicilo, o pracer de superar en puntos a ese que que ten máis followers que ti en Twitter, o certo e que cada vez e máis a xente que cae nas redes de Foursquare, e moitas delas están en Galicia.

O mapa do que vos falamos hoxe, The last three months on Foursquare, está feito cos úlitimos 500 check-ins que a xente fixo en Foursquare, e mostra unha visión similar á das fotos nocturnas de satélite ás que tan afeitos estamos.

A Coruña: O centro de Coruña non deixa dúbida que é un sitio con vida, ou no seu defecto os coruñeses son moi amigos do check-in, porque case que se pode facer un mapa do centro cos locales visitados. É curioso ver como dous dos puntos máis importantes en visitas están case nos extremos opostos, a Universidade da Coruña e a Torre de Hércules.

A Coruña

Vigo: A cidade olívica tampouco se queda corta en check-ins, se ben céntranse case todos na Rúa do Príncipe, o centro comercial da Laxe e a Porta do Sol. Praza de América e aledaños tamen teñen a súa importancia, aínda que sorprende non ver máis check-ins en zonas como Gran Vía ou Camelias.

Vigo

Lugo: Parece que os estudantes de Lugo non son tan dados a Foursquare como os de Elviña, por que apenas se aprecian check-ins no campus desta cidade. O resto dos puntos parecen ter medo de saír de murallas para fóra. Sendo Lugo unha cidade con tanta, e tan boa, vida de bares e tapeo, a que esperades os lugueses para deixar constancia dos vosos locais?

Lugo

Ourense: Ben se ve que os de Ourense son xente de pasear, que a Rúa do Paseo e máis o Parque de San Lázaro acumulan case a metade de chek-ins de toda a cidade. Pero non se esquecen de ir tomarlle algo, que nos arredores da Catedral tampouco faltan lugares.

Ourense

Pontevedra: En Pontevedra parece que todos os Foursquaeiros non saen do centro, e se saen van a sitios un pouco raros. Entendemos que haxa moitas visitas nas facultades e na estación, incluso ben se ven todos os check-ins que fixestes no stand de Disquecool o pasado Culturgal, pero algúen nos pode explicar que hai na Rúa Eduardo Pondal con Doce de Novembro? e na  Paio Gómez de Soutomaior?

Pontevedra

Santiago: Parece que en Compostela si que colleron o gusto ao tema do Foursquare, porque o casco vello esta completamente cheo de check-ins. Pero hai máis vida alá da Senra, xa que a zona nova non anda tan lonxe que se diga. Menos check-ins dos esperados nos campus e faise ben visible a loita entre Area Central e o novo centro das Cancelas.

Santiago de Compostela

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *