5 ideas para reciclar xoguetes

Colgadoiro Playmobil

Xa vimos en Toy Story 3 que ocorre cos xoguetes cando os nenos crecen. Aínda que na vida real doar xoguetes parece unha das mellores opcións (máis útil que esquecelos en caixas, en todo caso), só os duros de corazón aguantan as bágoas ao pensar nos seus xoguetes sentíndose rexeitados, traizoados, abandonados.

O certo é que os xoguetes poden seguir tendo un lugar privilexiado na nosa casa. Quizais xa non lúdico, pero si estético e pragmático. Como? Convertendo os xoguetes noutra cousa. Así, os nosos vellos clicks, as enormes pezas do noso crebacabezas favorito ou aquel camión de xoguete volverán brillar nas nosas vidas.

Estes proxectos DIY para reciclar xoguetes contan coa vantaxe engadida de que o resultado é entrañable si ou si. Queda precioso na habitación dos nenos, pero tamén no noso dormitorio ou no salón. E quen non ten aínda algúns dos seus xoguetes localizados?

1. Colgadoiro Playmobil

En portada podemos ver unha idea fantástica para fabricar un colgadoiros con táboas de madeira e bonecos Playmobil. Quizais non resulte moi resistente para abrigos, pero pode ser unha opción ideal para os panos da cociña. Visto en Mi Casa.

2. Porta-chaves Lego

Portachaves Lego

Aquí podes ver unha idea moi sinxela con outro xoguete mítico. So tes que converter as pezas Lego en chaveiros, e despois facer o porta-chaves será coser e cantar. Ensínanolo Minieco.

3. Lámpada camión

Lámpada camión

Un proxecto un pouco máis complicado, pero moi inspirador, é o de converter un vello camión de bombeiros nunha lámpada. Podes ver todo o proceso no blog de Jasmine Orchand Styling.

4. Colgantes de crebacabezas

Colgante de puzzle

Os crebacabezas para bebés teñen pezas enormes, e ás veces, con imaxes ben bonitas. Coller unha das pezas, facerlle un burato e pasar un cordel e todo o que temos que facer se queremos conseguir un colgante orixinal e cun punto naïf. Proposta de Daffodil Design.

5. Tarros de animais

Xoguetes en tarros

Aquí conseguimos reciclar dúas cousas: os tarros e os xoguetes. Na tapa, pegamos os típicos animais de xoguete(que sempre me pareceron ben aburridos, pero ao final hainos en todas as casas) pintados de cores e xa lle damos un toque diferente ao noso pequeno almacenaxe. Visto en House to Home.

Shares

    5 comentarios

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *