Skol Design Kit: bebe cervexa e reutiliza o envase

Lámpada Skol

A reciclaxe e a reutilización son dous conceptos de moda. Por conciencia ecolóxica ou por necesidade de aforrar, cada vez son máis os que buscan a forma de prolongar a vida útil dos obxectos: palés que serven de mobles, xoguetes que se converten en accesorios para o fogar  ou roupa de segunda man  que, customizada, adquire nova vida.

A marca de cervexa Skol aproveita esta ecolóxica tendencia en alza para promocionarse apostando por unha cervexa na que importa tanto o continente coma o contido. Porque vén envasada nunha bonita botella de aluminio que pode transformarse en lámpada, vinagreira, reloxo, portavelas ou floreiro. É máis, ti mercas o “Skol Design kit” onde xa atopas tanto a cervexa como os utensilios para convertela despois en parte da decoración da túa casa.

É unha fantástica idea da axencia F/Nazca Saatchi &Saatchi, quen pretende desta maneira dar a coñecer esta nova botella de aluminio e convertela nun obxecto de desexo, mesmo baleira. Por desgraza, estes cinco kits de edición limitada están só a venda en Brasil, pero encantaríame que por aquí alguén atopase inspiración.

Skol reloxo

Shares

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *