Vídeos para a fin de semana: Anuncios premiados no Sol

Hai pouco máis  dun mes tivo lugar o Sol, o  Festival Iberoamericano da Comunicación Publicitaria. Trátase dun festival nado hai  27 anos co obxectivo de impulsar a creatividade da publicidade española. Hoxe , o certame ten xa carácter internacional, ao ampliarse o radio de acción a todos os países de fala hispana e portuguesa.

Nesta edición 2013 déronse máis de 200 premios, que son moitos menos que en edicións anteriores (non é que estea a baixar o nivel dos anuncios, senón a medrar as esixencias do festival, ou iso din eles). No caso dos anuncios de televisión, só se deron catro soles de ouro, dun total de 12 seccións. Foron para os seguintes anuncios:

1. Brand Manager – Gladiator Energy Drink (The New SA de CV)

2. Ellas lo saben -Atún claro calvo (MCCANN España)

3. Summer hater – BGH (Del Campo Saatchi&Saatchi)

4. El peor final – Asociación Dereito a morrer dignamente (TBWA España)

Máis alá dos anuncios publicitarios, premianse moitos outros tipos de publicidade. Destacou o Gran Premio de Campañas integradas e Innovación a “Inmortal Fans”.

Podes ver as propostas de todos os gañadores na páxina web do Sol. Un bo plan para gozar deste día libre que nos da a vaga de calor.

Shares

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará