Como sería un mundo sen móbiles?

Como sería a vida sen teléfono móbil? Esa é a pregunta que se fai unha nova campaña de Qualcomm (unha compañía que fai as entrañas dos móbiles) na súa última campaña, un vídeo de tres minutos que o ten todo para ser viral. Xente que xoga a Angry Birds con porquiños reais, correos electrónicos que son entregados por carteiros simpáticos e spam que che dá un carteiro bastante agresivo, tweets que chegan para afundirnos en toneladas de papel ou vídeos que se consumen en inmensas televisións de tubo catódico son algunhas das características que ten ese mundo sen smartphones.

O vídeo ten detrás á axencia londinense The Viral Factory, especializada en facer campañas chamadas a ser virais. A compañía está detrás de varios vídeos que xa conseguiron ser virais nos países anglosaxóns e ten varios Cannes Lions (xa sabedes, os Óscar do mundo publicitario). The World without Mobile, o vídeo que fixeron para Qualcomm, vai xa polas 1.848.591 reproducións. 

Vale que polo de agora o vídeo aínda está bastante lonxe dos mil millóns de visitas que conseguiu Psy co seu Gangnam Style, pero o anuncio ten moito potencial para ser un dos virais do ano (polo menos no mundo da tecnoloxía).

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *