Como ides de concertos no que vai de ano? Hai un que de seguro non vos queredes perder: o de Neil Halstead, La Familia del Árbol e Matthew P, que estarán a principios de febreiro en Galicia. Primeiro en Ourense, o día 1 de febreiro, concerto para o que xa non quedan entradas. Despois irá a Vigo, o día 2. E para ese concerto temos dúas entradas individuais que queremos sortear. Que tedes que facer?
En primeiro lugar, tedes que coñecer a Neil Halstead. Non é que sexa imprescindible para participar, pero si para que se non sabedes quen é, descubrades a un dos vosos novos artistas favoritos. E tedes moito onde indagar! Non só busquedes o seu nome en Spotify, buscade Slowdive, buscade Mojave 3. Hai para todos os gustos. Por exemplo, houbo un tempo hai xa bastantes anos no que unha das nosas disquerredactoras non podía parar de escoitar isto:
Sodes xa fans? Perfecto. Agora que estamos todos no mesmo estado anímico que provoca escoitar a este home (suspiros, algunha bágoa, pensamentos existenciais), queremos sacarvos del e facervos unha pregunta superficial. A fin de contas, este é un medio de tendencias. Profundidades a nós! A pregunta que queremos que contestedes nos comentarios para participar no sorteo ten que ver coa imaxe de Neil Halstead. Mírao ben.
A barba, como ben sabedes xa algúns, é o novo bigote. Pero as barbas levan presentes no mundo da música moitos anos, van e veñen nalgúns casos, son constantes nalgúns estilos, son máis ou menos frondosas… A PREGUNTA: Cal é o voso músico barbudo preferido -xa sexa pola barba ou pola música? (Neil Halstead non vale, que nin sequera leva sempre barba) Tedes ata o domingo 20 ás 23:59 para contestar, o día 21 escribiremos un mail aos gañadores. Se non contestan antes do venres 25 ás 23:59, sortearemos de novo.
Sorte!
*As entradas son cortesía de Coconut Producciones. Grazas!
Javier Bielba!! ai que barba!!!
* Vielba…
Herman Düne!
O señor bigott, que movementos!!
Non hai barba que supere que a de Devendra Banhart :)
Bonnie “Prince” Billy, barba e música, quédome con todo!!!
Scott Miller – baixista de Dry the River – ¡menuda barbaca de lobishome!
Estoy entre dos, el monísimo Davye Hawke (aka Memory Tapes) y mi bienamado Mark Oliver Everett, que gana en músico y barbas al primero. Mi respuesta es Mark <3
Mark Oliver Everett, Eels!!!
Sen dúbida quedaríame con Kevin Baird (Two Door Cinema Club) e ese aire hipster (ai!). Aínda que a opción Bon Iver non está de todo descartada.
Owen Ashworth, na súa época de Casiotone for the painfully alone.
Xa que Mark Oliver Everett xa está collido, confesarei a miña debilidade persoal por Kris Kristofferson
Ray LaMontagne. Sen dúbida. Sen pensalo dúas veces…
Seguro que a súa barba nin pica! :P
a de Devendra Banhart é inesquecible pero agora xa medio feito un home quedaríame coa de Ray Lamontagne :) en fin, barbas e voces das que namoran!
Herman Dune (está repetido, pero se hai que ser sincera, teño que repetir resposta :p)
Me encantaria que me tocase por favor…..concederme la suerte
Bon Iver
B Fachada http://bfachada.bandcamp.com/ (non estou interesado nas entradas)
Saúde!
agnus stone
de agnus & julia stone
barbas y musica chulerrima
angus no agnus perdon
Fran nixon
Bona es mi nombre y voto a … Fran Nixon.
Francisco nixon
José Rebola dos Anaquim
Devendra Banhart
Jim James!
Gruff Rhys.
Dónde va a parar !!
Unha barba tímida e autóctona, Xoel López.
Sen dúbida a barba de Bigott. Un artista nacional moi prometedor e cunha enerxía tremenda nos directos.
Un saúdo!
Alfaro, por suposto. Ainda que a ten pequena, son moitos anos
Carlos Tajes (Escuchando Elefantes)
ZZtop
Two Gallants
Eugenio!!
Father John Misty