Os mapas son un elemento poético per se, representacións en papel da enormidade do mundo, recordatorio de todo o que falta por explorar, listas inacabables de obxectivos. Gústanme os mapas antigos, inventados, inacabados. Gústanme os mapas modernos, precisos, prácticos. Gústanme os planos de cidade e os mapamundi, pero sobre todo, os mapamundi.
Non debo de ser a única porque os mapas enchen as nosas casas co seu poder alegórico, pero principalmente, estético. Os mapas son un motivo decorativo recorrente, xa sexan vintage o escolares, políticos o físicos, dunha rexión ou do mundo. Atopamos moitos mapas en pósters, pero tamén como estampado de téxtiles, tapicerías, lámpadas, mobles e mesmo papel pintado.
A representación do mundo en papel, permite ademáis, montóns de proxectos DIY, cada un máis chulo que o anterior. E é que facerse con mapas é moi fácil. E utilizalos para decorar, tamén.
Podemos, por exemplo, decorar unha habitación facendo unha grilanda con mapas, como os que vemos en portada con forma de corazón.
Tamén podemos pasar do papel pintado de mapas (hai milleiros de modelos diferentes) e crear un papel pintado único, persoal, con mapas de todos os tamaños e tipos. É Importante pegar ben se no queremos que o noso mundo caia sobre as nosas cabezas cada dous por tres, pero o resultado é xenial.
Lámpadas hainas súper complicadas, como a da foto, e tamén máis simples, simplemente cubrindo con mapas a pantalla.
Nos mobles tamén se pode sacar moito partido aos mapas. Por exemplo para forrar caixóns.
Ou portas que non queremos que sexan transparentes.
Na pequeña decoración, as letras están moi de moda, formando todo tipo de mensajes. Encántame este ler viaxeiro.
Por último algo que non é decoración, pero é unha idea tan sinxela e tan bonitiña que paga a pena compartir. ¡Papel de regalo de mapas!
2 comentarios