Non o perdas! O mellor de marzo 2013

En marzo choveu moito, demasiado, e todos quedamos pechados na casa mirando melancólicos pola ventá. Pero ao cabo dun tempo esta actividade puramente contemplativa empezou a resultarnos aburrida. A auto-compaixón, ademais, non era demasiado posible, xa que chovía para todos e ninguén estaba disposto a dicir palabras bonitas para facernos sentir mellor. Todos necesitábamos escoitalas, pero ninguén quería dicilas. Cando o aburrimento e o tedio chegaron a límites insospeitados, suspiramos e miramos que había na casa. Libros, películas, o ordenador, obxectos que necesitaban unha transformación… En marzo a creatividade salvounos da depresión, como mostra o ranking das entradas máis lidas este mes en Disquecool. Se a ti non logramos salvarte do de mirar pola ventá e pasaches o mes sen ganas nin para ler Disquecool, non te preocupes. Aínda podes sobrevivir. Só tes que ler isto.

5. Condecórate: “Encántanos contar a historia que se esconde detrás de cada obxecto”. Falamos cos responsables deste showroom de A Coruña, apaixonados polos obxectos vintage e os mobles dos anos 50 e 70. Viva o deseño!
4. VAN Divulgación: un recuncho para a creatividade en Vigo. Todos queremos facer cousas, crear, debuxar, facer fotos, transformar mobles, modificar complementos… e todo iso podemos facelo en VAN Divulgación. Pero hai moito máis que uns obradoiros: hai unha comunidade de artistas e xente creativa en xeral que busca colaborar en proxectos comúns.
3. Hackeando Photoshop por unha boa causa. Un movemento de protesta acorde aos tempos nos que vivimos: unha acción de Photoshop que en teoría “mellora” ás modelos nas fotos (adelgaza e todas esas cousas) pero que en realidade devolve a imaxe ao seu estado orixinal. Porque a beleza estaba xa aí!
2. 5 plans para unha Semana Santa de choiva. O da choiva deste ano non é normal e estivo a piques de acabar coa nosa felicidade en Semana Santa. Pero non deixamos que  o tempo faga que non poidamos desfrutar das vacacións: hai moitas cousas que facer aínda que faga frío e chova fóra!
1. Ler con estilo: as 11 bibliotecas máis cool do mundo. Hai moito tipo de turismos: o gastronómico, o de cemiterios, o de moda… e o de bibliotecas. Fixemos unha selección de bibliotecas cool nas que calquera querería quedar a ler un bo libro.

PLUS. Deixádeme en paz! O novo social media busca ser antisocial. Vós tamén estades fartos de ter tantos amigos e contactos, buscades a soidade e non só queredes dicir que todo vos gusta. Ademais destas apps antisociais, falamos tamén de Hater, unha app para dicir “NON me gusta”.

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará