Semella que foi onte pero non é verdade. Éramos máis novas, algunha máis delgada (houbo quen case chorou vendo as fotos daquela época) e tiñamos o bandullo cheo porque acababamos de comer unha ración de pulpo á feira. Así, hai xa dous anos, nacía a idea dun medio de tendencias en galego, no que iamos escribir, como xa dixemos moitas veces, das cousas que nos facían felices. Uns días despois, igual de novas e tamén ben servidas (neste caso cunhas tortillas de Teletortilla…), comezamos a traballar en serio en Disquecool, no medio que hoxe vedes.
Hoxe facemos dous anos (si, non nos dimos conta de que era un día festivo cando dixemos abrimos o medio en serio e para todo o mundo) e estamos moi contentos de celebrar este aniversario. Dende entón pasáronnos cousas marabillosas, como atoparnos con vós no Culturgal, na Disquefesta ou hai nada na nosa participación no VANDivulgación. Cada quen ten o seu momento estelar e máis emocionante dentro de todo o que fixo en Disquecool, xa sexa conseguir aquela disqueficha ou entrevistar a un boneco de trapo, aínda que todos os días destes dous anos foron estupendos para nós.
Agardamos que por diante nos queden unha chea de aniversarios de festexar con todos vós, pero como este é moi emocionante (facemos un bienio, como tantas cousas que saían no libro de Historia!) queremos agasallarvos con algo moi especial. Imos sortear 10 disquebolsas, edición Disquefesta. Que é o que tes que facer para levar unha? Tes que deixar un comentario neste artigo dicindo que che gustaría atopar en Disquecool nos próximos dous anos. E quen sabe… ao mellor a túa proposta materialízase no próximo bienio! Tedes dende hoxe á hora da publicación do post ata o mércores 8 ás 10 de mañá para deixar a vosa proposta. Entre todos os que deixen o comentario sortearemos, empregando Random, as dez disquebolsas.
Fotos | Andrés Fraga
Reportaxe fotográfica sobre a matanza do porco con filtros de Instagram.
Máis propostas de entornos máis alá do urbán. O rural tamén pode ser moi cool. Parabéns!.
Gustariame que incorporasedes un apartado de programación semanal en Galicia. Adoro as vosas suxerencias!
Parabéns e que cumprades moitos máis!
Así de boas a primeiras non cambiaría nada xa que en dous anos medrástedes moito. E non, non é peloteo. O que realmente se bota en falta son máis entrevistas fóra do ámbito musical, quería dicir.
Un saudiño e noraboa.
Quixera que seguirades na mesma liña con moita innovación e novidades, quizais profundar un pouco máis na literatura de noso, na poesía que a xente nova está facendo en Galicia, diferente e novidosa coma a vosa páxina.
parabéns.
Un calendario cos eventos mensuais mais cools
Eu quero que fagades unha axenda de eventos cool limitada por provincias de manera mensual.
Por pedir que non quede :)
Gústame moito o que facedes, bos descubrimentos teño feito grazas a vós. Pero, se cadra, a axenda sería unha boa incorporación.
Que esteades co voso stand en tódolos festivais galegos de música que vai haber este verán, facendo enquisas, tirando fotos e vendendo o voso merchandising!
Gustaríame que lle metésedes o dente ás tecnoloxías en galego e para o galego. Aí volo deixo.
Unha axenda semanal do maís cool das principais vilas da Galiza. :)
Roteiros cuquis polas cidades
Máis teatro!!! Moitos parabéns por estes dous anos :)
Unha reportaxe sobre a Illa de San Simón ou unha xornada de Pique-Nique por algún sitio e que a relatedes e tiredes fotos dela!
Felicidades por éstes dous anos! Unha proposta sería un pequeno programa na tele cos adiantos cultura les do mes
Agora con R creo que teriades opcions. Un biko e moita sorte
Mais ecoloxía! Capitán planeta é mooooi cool!
Pois claro que vos quero ler dous anos máis e outros dous, e dous, e dous… Bicos
Eu engadiria mais sorteos coma este!
E tamén un pouco de ciencia, os galegos somos moi curiosos e cientificos!!!!
Noraboa por estes dous anos. Bicos
Reportaxe sobre os deseños das portadas dos novos discos dos folkis galegos.
Pois algo máis erótico festivo… non sei … Parabéns por certo.
Estaría ben ler algunha proposta de cousas que pasan ou que se poden facer en vilas, non só nas cidades (Santiago, Vigo, Coruña….), que están moi ben, pero ás veces máis alá dos edificios tamén se fan cousas cool! ;-)
Parabéns polo aniversario!
nos próximos dois anos gostava de encontrar no Disquecool: Felicidade :D
Gustaríame ver videos e curtas feitos en galego.
Nos próximos dous anos gustaríame seguir lendo cousas tan cool coma as de agora!
Unha axenda de eventos cool, por provincias e que poda sincronizar ao meu calendar!
Unha axenda de eventos está claro, pero que podamos actualizar todos os que seguimos Disquecool, cubrir os campos e subir o evento en tempo real. Desta forma estaría sempre actualizada e cubriríamos tódalas poblacións (non só as grandes cidades) nas que moitos deles pasan desapercibidos o ter menos publicidade. Tamén sería unha forma de axudarvos!
Disquefichas universais! De tódolos lectores (e redactores) de Disquecool ! Da xente da rúa! De todo o que queira!! Un taboleiro de Disquefichas inspiradoras!!
Ao estilo do proxecto persona de Jtrav…pero con fichas personais!!
http://www.flickr.com/photos/jasontravis/sets/72157603258446753/
Por pedir… gustaríame ver as respectivas disquefichas dos BLACK KEYS cubertas, despois dun concerto seu en Compostela ;)
Moitos parabéns!!! a min nos próximos anos gustaríame que organizasedes un festival COOL, que incluise todos os apartados que se tratan na web, algo diferente aos festivais habituais, pero que tivese arte, música, cultura, novas tecnoloxías, etc. nun entorno tamén diferente…
bikinhos!!
Por min seguide como ata agora…manténdonos informados de toda a actualidade cultural que se pode atopar hoxe en día…Os eventos e actividades que propoñedes son do máis variado. Felicidades polo voso traballo!!
Boas disqueraparig@s.
Encantanme as vosas propostas filmicas, as tendencias de moda, os diseñadores, e artistas galegos. Sería interesante que houbese mas post de viaxes e sitios molóns “Low-cost” para “estudantes-sen diñeiro”.
Noraboa polos dous anos!!!
Parabéns polos dous primeiros anos! Prós próximos propóñovos o disquereto de dar información de viaxes, cursos interesantes e ocio variado pra petos axustados! Saúdos e moita sorte!
recunchos galego nos que perderse
Poderíades falar máis sobre viaxes de natureza en Galicia, para petos axustados. E algo máis sobre fotografía, para aprender a usar esas reflex tan cool que temos, pero que están en modo automático
Noraboa pola web, foi un gran acerto.
Grazas polo voso traballo. A min gustaríame que rebuscasedes polos centos de festexos que teremos nos próximos meses, para atopar os eventos mais cool que axuden a manter vivas as verbenas e festas do noso pais. Principalmente as rurais, as mais típicas, e as que mais risco corren de desaparecer.
Axenda de eventos,roteiros de establecementos cools, presenza máis a pe de rúa (moita xente aínda non os coñece) e para rematar crear unha tenda online con merchandising oficial Disquecool e outros productos cool díficiles de atopar na Galiza.
Un biquiño :)
O primeiro, parabéns por estes dous anos! Gostaríame como di algúnha outra seguidora, que vos fixerades eco dos eventos que pasan máis aló das cidades: O rural mola!!! E no rural ou nas pequenas vilas tamén se fan concertos, teatro e moitas outras iniciativas cool. Interesaríame que houbese máis posts vencellados con iniciativas empresariais e laborais alternativas, dada a situación na que nos atopamos, paraceríame moi interesante (xa sei que tendes feito posts sobre tendas, locais, etc, pero aumentade a visión hacia negocios on-line, e oportunidades de emprendemento). E moitas gracias por seren tan cool sin seren resabiadas!! Bxs
Inda que acabo de atoparme coa vosa páxina..e me resulta fantástica !! Enhorabóa por ese aire fresco !! melloras ?? gustaríame poder encontrar unha pestaña ó link a “come cool” tal vez percorrendo galicia con ideas de bares e lugares cool para almorzar, cear ou tomar unha copa..en Vigo recoméndoos “UNOESTA” con iniciativas como os brunch ;)
Pois eu propoño unha sección do chamado “DIY”, con tutoriais de artesáns galegos (que habelos, hailos… e moi bos!)
Parabéns por estes dous anos, e a cumprir moitos máis! e nós a seguir disfrutando :)
Eu gostaría de roteiros chulos e de algo de artesanía do país, que o tradi éche moi cool!!
Por que dous anos? Longa vida! E algo semellante a unha axenda con música e os próximos concertos, quizáis restaurantes e bares “culs”. Se aínda para máis ven ordeado por lugares… enriba de mel, filloas.
Encántame Disquecool, un medio de tendencias en galego era o que nos facía falta!! :). Boto algo en falta… propostas con recunchos da natureza para perderse? :)
Seguide así!
Guías para roteiros de arte urbana polas cidades galegas. Seguide así!!!
Eu penso que é menester adicarlle un amplio artigo de opinión e un reportaxe a nova marabilla do deseño made in Galicia: Mexi-llón.
Un DisqueFestival no que só participen grupos galegos.
Noraboa pola páxina! Saúdos.
Parabéns polo aniversario!
Gústame moito o voso traballo. Se cadra prestaría máis atención á música cool que xurdeu no país nestes últimos anos (novos grupos, estilos, discográficas e salas que os apoian) e tamén ás webseries, que están en auxe.
Gostaria moito dunha sección das tendencias mais green do momento (viaxes, cosmética, moda, gourment,…), aínda que nalgúns artigos xa se reflexan temas ambientais Parabéns polo bienio!!!
Norabao polo aniversario! É xenial como tamén hai boas novas no ámbito da comunicación. Eu apúntame o que xa vos comentaran, unha axenda de eventos para poder sincronizar porque ás veces da rabia perderse cousas ou enterarse tarde! E tamén algo máis de roteiros, viaxes e rincóns noutros puntos de Galicia,
O dito, moitas felicidades!!
Gustaríame ver unha guía de eventos para nenos,e se os pais e nais tamén poden participar mello que mellor,iso sí, tanto en vilas como en cidades.Parabens por estes dous anos e saudos dende A Guarda.
Parabéns e que sigades na rede e na rúa moitos anos máis!! A miña proposta: lugares para facer cicloturismo en Galicia (rutas chulas sen ter que subir montañas :p).
Apúntome ao do festival/evento e a que duredes, cando menos, outros dous anos :)
Visto o visto (a cantidade de comentarios), máis sorteos!!! XD Xa que estou, aproveito para ofrecerme como corresponsal en Francia ;) Noraboa polo aniversario e o bo traballo que facedes, ata lervos!
Seguramente máis artigos sobre literatura, tebeo, fanzine e autoedición. Tampouco me disgustaría ler algun artigo sobre patrimonio galego e ruinas arqueolóxicas en xeral (non creo que haxa cousa máis vintage ca esta).
Parabéns, e gracias polo traballo que facedes!
Parabéns por estes dous primeiros anos de vida. A verdade é que me gustan moito os contidos da páxina, difícil facer novas suxestións en canto aos contidos xa que lle dades a case todos os paus, así que os meus comentarios van dirixidos ás seccións que xa tedes.
1. Estilos de vida (viaxes): Incluír rutas en Galicia, hai recunchos moi fermosos pero descoñecidos.
2. Estilos de vida (gourmet): Máis críticas sobre restaurantes/tendas galegas.
3. Letras: Incluír unha lista mensual dos libros máis interesantes que se publiquen en galego.
4. Teatro/cine: Aínda que me encantan as críticas temáticas que facedes, como complemento, creo que estaría moi ben darlle un carácter máis actual a esta sección facendo reseñas de obras e películas que se estreen efectivamente nas salas galegas.
O que espero atopar daquí dous anos é … a vós! (que sigades ese tempo e moito máis)
e postos a engadir, propoño unha sección disque-sportiva, coas novas tendencias en deporte e nutrición
Parabens e saúdos dende BCN
E que me dicides de unha sección de lugares para tomar unha boa tarta e ler un bo libro?
:)
Parabéns polos dous anos e que sigades moitos mais!
Parabéns!!! Xa sei que esta fora de tempo pero gustariame ver mais propostas de lugares bonitos de Galicia para coñecer. Lugares descoñecidos… para pasar o día, o fin de semana. Con fotos, con fotos…. petición!!!!
Hello Disquecool!!! Xa sei que volvo a estar fora de tempo jajaja. Non é por a bolsa …. que esta chula tamén pero é por dar ideas… Estaba pensando que podedes por mes poñer como un pequeno calendario de festas en Galicia, esas especiais que pocos coñecemos. Por exemplo hace pouco entereime que se fai cada ano unha festa en Orense que se vai en tren e debe ser moi chula.. pero non sei nin como se chama.. por eso o digo os despistadilloa como eu… jeje. Bicos