Ai, as bibliotecas, eses misteriosos lugares cheos de libros, con ese arrecendo a madeira e ese silencio roto só polo son que fan as páxinas dos libros. Xente lendo, xente estudando, e esa sensación e esa vertixe que sentimos cando pensamos en todas as persoas que teñen pasado por aí ao longo das décadas, dos séculos. Pensamos na biblioteca da Facultade de Historia en Compostela, coas súas estanterías tan altas e esa madeira que cruxe cando pasamos por ela. Ou na Biblioteca Municipal de Vigo, por que non, que antes de ser biblioteca foi un salón de baile. Ai, as bibliotecas e a súa historia.
Pero hoxe non imos falar de bibliotecas históricas. Queremos fixarnos en bibliotecas máis novas, que como moito teñen un par de décadas, e que destacan pola felicidade que deberon sentir os seus arquitectos. Liñas limpas, formas imposibles, moita xente, moitos libros. Son esas bibliotecas que saen nos libros de arquitectura e que tamén deberíamos visitar cando viaxemos ás súas cidades. Son as bibliotecas máis cool do mundo. Ou polo menos iso é o que nos parecen a nós.
(Pincha nunha foto para acceder á fotogalería)
-
- Vennesla (Noruega). Aberta en 2011, cun café e con áreas para reunirse, é biblioteca e casa da cultura.
-
- Vennesla (Noruega). Gañou varios premios de arquitectura.
-
- Vancouver Public Library (Canadá). A biblioteca pública de Vancouver ocupa unha praza enteira, a Library Square. Foi rematada en 1995.
-
- Vancouver Public Library (Canadá). A biblioteca ten un xardín no tellado, que se pode ver desde outros edificios.
-
- Biblioteca Real de Copenhague (Dinamarca). O novo edificio abriu en 1999.
-
- Biblioteca Real de Copenhague. O edificio é coñecido como o “diamante negro”.
-
- Stuttgart Stadtbibliothek (Alemaña). Un dos atractivos máis recentes da cidade de Stuttgart é a súa biblioteca nova.
-
- Stuttgart Stadtbibliothek (Alemaña). É tan branca que parece unha Apple Store!
-
- Bibliotheca Alexandrina (Exipto). Alexandría segue a ter unha biblioteca famosa, inaugurada en 2002, tras sete anos de construción. Ten sitio para 8 millóns de libros.
-
- Bibliotheca Alexandrina (Exipto). Interior.
-
- Médiathèque Colette (Lisses, Francia). Unha pequena xoia da arquitectura, aberta en 2010.
-
- Médiathèque Colette (Lisses, Francia). Situada en Lisses, 30 km ao sur de París.
-
- Biblioteca Vasconcelos (Ciudad de México). A súa construción foi moi polémica, con retrasos e cun presuposto que foi máis elevado do esperado. Abriu en 2006 unha semana antes das eleccións e tivo que ser clausurada temporalmente ao ano seguinte por filtracións de auga.
-
- Centrale Bibliotheek Amsterdam (Países Baixos). É a biblioteca pública máis grande de Europa.
-
- Centrale Bibliotheek Amsterdam (Países Baixos). Dez pisos, 1200 postos (600 con ordenadores conectados a Internet), 200 traballadores.
-
- Old Market Library (Min Buri, Bangkok, Tailandia). Construída no edificio dun antigo mercado, renovado utilizando materiais locais.
-
- Old Market Library (Min Buri, Bangkok, Tailandia). Os arquitectos intentaron en todo momento involucrar á comunidade de Min Buri, que tras un incendio pasar a ser case unha zona de chabolas, na rehabilitación do edificio e creación da biblioteca.
-
- TU Delft Library (Países Baixos). É a biblioteca da Universidade de Tecnoloxía de Delft.
-
- TU Delft Library (Países Baixos). Abriu en 1997.
1 comentario