‘Liberdade’ é a última novela de Jonathan Franzen, publicada en 2010 e considerada por moitos como “a gran novela do século XXI” (un título que adoita adicarse con moita facilidade, todo hai que dicilo). Desde entón, moitos de vós seguro que lestes o libro. Outros, coma min, quizais deixástesvos vencer pola pereza ou pola (tan hipster) desconfianza do éxito: Outro best-seller postmoderno!
Nada máis lonxe da realidade. ‘Liberdade’ probablemente non sexa a gran novela do século XXI, pero polo menos afástase do cinismo, da vaguidade e da frialdade doutras novelas de moda. Son máis de 667 páxinas, pero todas escritas desde o entusiasmo.
A historia que nos conta é unha historia familiar, íntima, pequena. Patty e Walter Berglund son un matrimonio de clase media alta, con dous fillos moi diferentes, veciños que non soportan e amigos que os poñen a proba. No primeiro capítulo, contásenos a súa historia desde que chegan ao novo barrio ata que o deixan. A depresión de Patty, o puerilismo de Walter, a madureza da filla, a rebeldía do fillo (que lles fai o peor que lle pode facer a uns pais progres: declararse republicano), son explicadas someramente en 30 páxinas que son probablemente as peores do libro.
Desde aí, unha autobiografía escrita pola propia Patty e o propio narrador omnisciente do resto dos capítulos levarannos adiante e atrás pola historia. A orixe das personaxes, as propias dinámicas familiares cos pais e irmáns (un dos temas que artella todo o libro), os seus desexos e motivacións e incluso a evolución da historia se desenvolven dun xeito, aínda que salteado, natural. Coñecemos as personaxes e as valoramos a través do que fan, do que din, do que pensan, sempre incoherente e inconexo, porque como xa dicía Walt Whitman no século XIX cada un de nós contén multitudes.
É posible que o libro abordando tantos temas de peso ao estilo clásico (desde as problemáticas familiares, a competitividade como base das relacións humanas, ou a natureza do amor ata problemáticas medioambientais e políticas ) queira construír unha tese sobre o concepto de liberdade individual, cos seus praceres e os seus perigos, pero faise desde unha ironía inocente. A única conclusión posible é a do perspectivismo, pero non un perspectivismo amoral.
En todo caso, o que destaca neste libro é a historia persoal (co que de político ten toda elección persoal) dunhas personaxes que resultan verosímiles, imperfectas e queribles coma nós mesmos. Libres para equivocarse e libres para redimirse.
Sen lugar a ningunha dúbida e independentemente do marketing industrial e da crítica benevolente ou fustigadora, este señor escribe como moi poucos… é boísimo. Nesa novela social, realista, do cotiá, anda moi cerca de Richard Ford.
Con todo, prefiro a súa novela “Las correcciones” (inesquecible para min).
Ya me sonaba esa portada!!!!
Si lo estoy leyendo justo en estos momentos. Que casualidad!!!Bueno a ratos cuando tengo tiempo pero me está sorprendiendo para bien!!! Qué buen gusto teneis, no lo dudaba pero con esto os reafirmais.