Sabemos que moitos estades nerviosos, porque o venres comeza oficialmente o Entroido (depende onde, claro, hai sitios onde xa comezou superoficialmente hai tres semanas) e Disquecool aínda non sacou unha galería de disfraces inspiradores para os que queren gozar do Entroido sen deixar de ser cool. Xa vimos o ano pasado algunhas boas ideas para vós, e outras mais o ano anterior (podedes botar man delas sen miramentos) pero hoxe toca ver 12 novas propostas.
Das princesas hipster (unha estupenda escusa para as que queiran vestirse de princesas e non se atrevan) ao cubo Rubik, ‘cool’ pode ser, basicamente, o que ti queiras. Animámoste a probar calquera destes disfraces ou a innovar pola túa conta e risco. E encantaríanos que te animases a compartir con nós algunha foto do resultado final. Así o ano que ven poderías servir de inspiración para hipsters coma ti, pero coas cousas menos claras.
- Princesas hipsters
- Hipster a secas
- Onde viven os monstruos
- Personaxes de cadros
- Bonecos Lego
- Vincent Van Gogh
- Julian Assange e Bradley Manning
- Up
- Tippi Hedren en ‘Os paxaros’
- Cubo Rubik
- Rosie the Riveter