Non vou tratar de convencervos de que o entroido é cool. Hai a quen lle gusta e hai a quen non, e aos segundos eu métoos no mesmo pack que aos que odian ir a praia, bailar ou comer. Son xente da que non debemos fiarnos!
Pero tras gañar un ou dous inimigos, podo dicir que o Carnaval non é cool, nin falta que fai. É esperpéntico, pero tamén moi divertido. E tras meses de preparación (polo menos nalgúns lugares, na provincia de Pontevedra claramente non), un pon a proba o seu enxeño imaxinando o disfraz que fará que todo o mundo o sinale pola rúa: “Ei, o teu si que mola. Ti si que molas”.
Tamén sabemos que moitos dos nosos lectores son hispters avezados e que prefiren impresionar cun traxe de entroido que deixe claro o que son. Xente cool.
Para eles (e para todos os demais) deixamos as seguintes propostas. A semana que vén veremos se as ideas vistas pola rúa estiveron á altura!
Fan do neno do Pac Man!
está moi ben ir na estética pop, sobre todo se tes granos de serie…