Entroido en Xinzo: os mellores disfraces

Entroido en Xinzo de Limia

* Colaboración de María Villamarín

Vouvos dicir unha cousa: o Entroido en Xinzo de Limia é cool e quen diga o contrario mente. E se non como poderiades explicar que os limiaos e limiás poidan botar un ano cavilando e traballando no que van vestir só nos catro días de Entroido? Pode ser que noutras partes de Galicia se viva menos, pero na Limia o Entroido é dende hai moitos anos un sentimento máis (aquí nótase que varro para a casa).

Para que vai ser cool o Entroido? O outro día dicíamos ao respecto que ‘nin falta que fai’. Grotesco é un anaco, pero sobre todo é moi moi divertido. Como non ía ser doutro xeito, esta fin de semana tocoulle a Disquecool ir, ver e contar. Catro días por terras ourensás foron suficientes para saber como se vive o Entroido. Estivemos concretamente por Xinzo de Limia, o municipio de Galicia onde máis longas son estas festas, que comezaron hai un mes co Domingo Fareleiro.

No Entroido todo está permitido, iso é o que manda a tradición. Na Limia houbo tempo para ver as Pantallas, para gozar das sátiras e do escarnio, pero tamén para saír a troulear convidados a participar nunha festa onde todo o mundo ten o seu lugar, sen prexuízos nin distincións (aquí nótase que varro para a casa). E tanta emoción debe de reactivar a imaxinación, porque non se disfrazan con calquera cousa.

Sinalamos moito co dedo e logo puxemos o noso obxectivo. Aquí vos deixamos algunhas das fotos que dan mostra do enxeño en Xinzo: gustounos moito a nosa Tippi Hedren de ‘The Birds’, os soldadiños de chumbo e o cabaliño de mar (a cousa tan bonitiña non nos podemos resistir).

Fotos | Disquecool

Shares

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *