Ultimamente andamos de estreo. Acabamos de pór en marcha a nosa sección ‘Vídeos para a fin de semana’, xa temos Pinterest, e inauguramos con este post ‘O mellor do mes’, coas 5 noticias máis vistas do mes, máis unha seleccionada pola redacción de Disquecool. Non as perdas!
5. Os bombardeiros de fío chegan á Coruña. Na cidade herculina hai unha guerrilla, pero non resulta moi perigosa. O seu primeiro ataque: abrigar ao guerreiro romano da Domus cunha túnica de ganchillo e punto chea de cor.
4. Entrevista con Emilio José: “O que me irrita da vida é que non hai tempo”. Unha longa e peculiar entrevista co músico de Quins.
3. Cool Packaging: Feiraco. A marca de leite galego vestiuse de Entroido para celebrar as festas.
2. Sugar Pot: os caramelos máis coidados de Vigo. Larpeiradas con estilo nun paraíso para os amantes dos doces.
1. Entroido en Xinzo: os mellores disfraces. Os limiaos e limiás botan un ano cavilando e traballando no que van vestir só nos catro días de Entroido, e nótase.
PLUS. A redacción cre que non debe quedar fóra O lugar onde se fabrican as cousas. La Fabriquería, en Tui, organiza concertos, exposicións, sesións de merenda con bocadillos de nocilla, obradoiros de cometas, poxas de obxectos e incluso unha festa 1912 para celebrar o ano novo.